Dom | Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Dom | Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Desde o EDLG comprácenos anunciarvos ás gañadoras do Certame de poesía Beatriz da Serra 2023.
CATEGORÍA A:
PRIMEIRO PREMIO: XIANA COSTA GONZÁLEZ (6ºEP)
SEGUNDO PREMIO: LAURA SOLIÑO GIRÁLDEZ (5ºEP)
MENCIÓNS: LARA CASAS GONZÁLEZ -LUCÍA PÉREZ MOREIRA e ALEXANDRA ALFARO PÉREZ (5ºEP)
Parabéns a tod@s @s participantes e o profesorado que vos alenta, convertendo ao noso centro no máximo participante do certame! BO TRABALLO!
O prazo para a formalización de matrícula do alumnado de nova incorporación ao centro, comezará o vindeiro 20 de xuño ata o 30 do mesmo mes.
Entregarase un sobre coa documentación a cumplimentar. Ademáis solicitarase unha fotocopia da tarxeta sanitaria d@ alumn@ e 4 fotografías tamaño carnet (para o alumnado de E.Infantil) e 1 fotografía tamaño carnet (para o alumnado de E.Primaria).
O luns 26 ás 10:00 h. haberá unha reunión para as familias do alumnado que comezará 4º E.INFANTIL
Xa podemos acceder á lista de reprodución LETRAS GALEGAS 2023 con todas as actuacións do FESTIVAL.
Todo o alumnado que presentou solicitude de admisión para o vindeiro curso 2023-24 neste centro foi admitido.
Por protección de datos, as listaxes provisionais atópanse expostas no taboleiro do interior do centro.
Un saúdo.
Clicando na imaxe accededes ao noso novo padlet no que podedes deixar os exemplos de obxectos reutilizados que tedes pola casa. Só tedes que presionar o signo + que aparece abaixo á esquerda e adxuntar unha foto ou vídeo. Tamén podedes engadir un pequeno texto explicando en qué consiste, etc.Grazas polas vosas aportacións!