Dom | Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Dom | Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
No seguinte video podedes ver un resumo do proceso que levamos a cabo no cole para a elección de candidatos/as do consello da infancia.
O concello de Nigrán vai proceder á renovación do "Consello municipal dos nenos e nenas", formado por representantes de todos os centros educativos do concello DE Nigrán. Dende o CEIP Carlos Casares organizamos unhas eleccións para escoller aos representantes do centro que se realizarán o vindeiro luns 16 de outubro. Terá dereito a voto todo o alumnado de 3º a 6º de EP e a mesa electoral estará composta por nenos e nenas. Cada votante escollerá a un representante por candidatura entre os/as candidatos e candidatas de 4º e 5º. Deixámosvos as candidaturas presentadas, teñen moi boas ideas! CALES SON AS MELLORES?
Clicando na imaxe accededes ao noso novo padlet no que podedes deixar os exemplos de obxectos reutilizados que tedes pola casa. Só tedes que presionar o signo + que aparece abaixo á esquerda e adxuntar unha foto ou vídeo. Tamén podedes engadir un pequeno texto explicando en qué consiste, etc.Grazas polas vosas aportacións!