Dom | Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Dom | Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Este trimestre os nenos e nenas de 1º e 2º, fixeron un obradoiros STEAM, no que aprenderon unha chea de cousas interesantes que nos contan neste vídeo que tamén foi realizado por el@s.
A semana pasada, levamos a cabo unha actividade solidaria na aula de inglés, dende educación infantil a primaria unímonos á iniciativa da ONG, Save de children. Deseñamos uns xerseis solidarios patrocinados entre todas as familias da escola. Deixámosvos un vídeo para que coñezades a labor desta ONG e despois un pequeno video coas nosas creacións solidarias. Grazas por participar!!
Dende a biblioteca do CEIP Carlos Casares, creamos un recuncho con lecturas moi interesantes para familias. Podedes coller en préstamo aquelas obras que resulten da vosa interese. Aceptamos suxerencias para completar esta nova modalidade de préstamos. Saúdos lectores
Xuntamos a circular de fin de trimestre con informacións que son do voso interese.
Felices festas do equipo de profesorado do CEIP Carlos Casares. Ata o ano que vén!
Bo día familias:
O alumnado de 6º ten o pracer de convidarvos ao primeiro mercado de Nadal do Carlos Casares, que se celebrará o domingo 17 pola mañá no patio da escola. Haberá bebidas quentes, doces e fermosos agasallos elaborados polo alumnado e as súas familias. Teremos música en directo con Prosi e moita diversión. Achégate e desfruta con nós!!
Dende o CEIP de Mallón, convídannos a unha xornada de sensibilización polo 25 de Novembro, Día internacional contra a violencia de xénero. A saída será dende o campo de fútbol de Lourido e todo o percorrido será supervisado pola Policia Local de Nigrán. Animádevos a participar!!
O pasado mércores da man da Garda Civil,tivemos a oportunidade de coñecer os riscos aos que se enfrontan os nosos/as fillos e fillas no acceso ás redes. Agradecemos á ANPA a organización e ás familias a súa participación!
Clicando na imaxe accededes ao noso novo padlet no que podedes deixar os exemplos de obxectos reutilizados que tedes pola casa. Só tedes que presionar o signo + que aparece abaixo á esquerda e adxuntar unha foto ou vídeo. Tamén podedes engadir un pequeno texto explicando en qué consiste, etc.Grazas polas vosas aportacións!