« Novembro 2024 »
DomLunMarMérXovVenSáb
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Alumnado

Las bibliotecas escolares de Galicia

Iniciar sesión

Festival das Letras Galegas 2024

Deixámosvos o programa para o festival das Letras Galegas, que como todos os anos está aberto ás familias no que  desfrutar dun día cheo de agarimo á nosa lingua. Dará comezo ás 10:30 e terá unha duración aproximada de 90 minutos. Un saúdo e agardámosvos!!

 

 

LISTAXE DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2024-25

Todo o alumnado que presentou solicitude de admisión para o vindeiro curso 2024-25 neste centro foi admitido.

Por protección de datos, as listaxes atópanse expostas no taboleiro do interior do centro.

 

Visitanos Paula Carballeira

Esta semana tivemos unha visita especial na nosa biblioteca; Paula Carballeira, escritora, madriña da aula de segundo de primaria e fantástica contadora de historias. Pasamos unha mañá de meeedo... Eres xenial madriña!! 

Recadación VIII Torneo solidario de basket sen barreiras

Hoxe vivimos na escola un momento moi especial coa visita da furna solidaria que percorre todos os centros públicos de Nigrán da man de Nuria, presidenta do Clube Baloncesto de Nigrán e unha das promotoras deste torneo tan especial. Este ano a recadación irá destinada a Asociación Fran Gil contra a leucemia, da que vos convidamos a coñecer a súa preciosa historia de traballo, esforzo e moito amor para visibilizar e concienciar á sociedade que podemos regalar vida coa doazón de médula. Os días 25 e 26 de marzo terá lugar o Torneo no Pavillón Jorge Otero de Panxón, e a furna estará alí exposta para colaborar e visibilizar que moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas poden cambiar o mundo.