Dom | Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Dom | Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Información sobre a ampliación da axuda para adquirir material escolar regulada na Orde do 29 de abril de 2022 a favor das persoas que xa foron beneficiarias desta axuda por importe de 50 €, concedéndolle 25 € adicionais.
O concello de Nigrán convoca axudas destinadas aos alumnos/as de Educación Infantil matriculados en colexios públicos do municipio.
Xa poden consultar as listaxes definitivas de beneficiarios no taboleiro de anuncios do centro ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia na aplicación Fondolibros.
A vindeira semana (11-15) farase entrega dos cheques. Os que non sexan recollidos, poderán facelo en setembro.
Prezadas familias:
Xa podedes consultar as listaxes provisionais de beneficiarios no taboleiro de anuncios do interior do centro ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia na aplicación de Fondo de libros.
As familias do alumnado de 3º, podedes chamar por teléfono ao centro para coñecer os libros que vos corresponden.
Un saúdo,
O equipo directivo.
Prezadas familias:
Unha vez recibida as instrucións que regulan o funcionamento dos comedores escolares, comunicámoslles que está aberto o prazo de formalización da solicitude de comedor para o vindeiro curso 2022-2023.
Para formalizar a praza de comedor é necesario entregaro Anexo II debidamente cumprimentado na secretaría do centro.
Podedes descargar os impresos nas seguintes ligazóns ou pasar a recollelos polo centro.
Atentamente
O Equipo directivo.
Clicando na imaxe accededes ao noso novo padlet no que podedes deixar os exemplos de obxectos reutilizados que tedes pola casa. Só tedes que presionar o signo + que aparece abaixo á esquerda e adxuntar unha foto ou vídeo. Tamén podedes engadir un pequeno texto explicando en qué consiste, etc.Grazas polas vosas aportacións!