« Novembro 2024 »
DomLunMarMérXovVenSáb
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Alumnado

Las bibliotecas escolares de Galicia

Iniciar sesión

blogue deA Galiña Azul

Xornadas LUPO en Panxón

Bo día Familias! Achégannos esta proposta tan chula que terá lugar en Panxón estes días! Vémonmos alí!

 

https://drive.google.com/file/d/1tQbmrV1_QLm7LXsGWt05BvFe5nlT6h9n/view?u...

LISTAXE DEFINITIVA FONDOLIBROS 2024/25

Xa podedes consultar as listaxes definitivas de beneficiarios no taboleiro de anuncios do interior do centro ou a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia na aplicación Fondolibros.

LISTAXE PROVISIONAL FONDOLIBROS

Xa podedes consultar as listaxes provisionais de beneficiarios no taboleiro de anuncios do interior do centro ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia na aplicación Fondolibros.

Poderedes recoller os vales de material (Toda E.Primaria), os vales de libros (1º e 2º E.Primaria), así como coñecer os libros do fondo que vos corresponden (3º, 4º, 5º e 6º E.Primaria) o martes, mércores ou xoves da vindeira semana en horario de 10:00 a 13:00 horas.

Os vales que non sexan recollidos, entregaranse a partires do 2 de setembro.

QUEN LEVOU A LÚA?

 

Temos o pracer de comunicarvos que a nosa curtametraxe é a gañadora do CERTAME "NÓS TAMÉN CREAMOS" na categoría de 1ºCICLO.

O detonante para realizala foi a convocatoria do certame pero gañouse moito máis no camiño.

Traballamos durante meses con moito entusiasmo e adquirimos aprendizaxes que perduraran no alumnado e profesorado máis tempo que o premio:

  • Creación dunha curtametraxe de animación coa técnica do STOP-MOTION.
  • Valorar a literatura e as persoas que interveñen nela.
  • Comprender a transición da linguaxe escrita á musical e audiovisual.
  • Desenvolver a visión plástica, creación de personaxes, análise do movemento, escenografía e música.
  • Recoñecer e crear un guión gráfico, análise dos tempos-escena-planos e a relación entre o tempo-movemento e fotograma.

Compartimos tamén o  COMO SE FIXO... que é a fiel testemuña desta aventura!

 

AUTODECLARACIÓN COMEDOR

Xa saiu o modelo de autodeclaración para calcular o prezo do menú do alumnado usuario de comedor.

Deberase entregar cuberto no centro. O prazo abrangue ata o día 5 de xullo.

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA NOVO ALUMNADO 2024/25

O prazo de formalización de matrícula para o alumnado de nova incorporación ao centro, abrangue dende o 20 ao 30 de xuño.

Será preciso recoller no centro o formulario e as autorizacións a cubrir. Deberanse acompañar coa  fotocopia da tarxeta sanitaria e fotografía tamaño carnet do alumno/a.

Consello municipal da infancia

Hoxe as nosas representantes no Consello da infancia, Galit e Jimena,  tiveron un pleno no Concello de Nigrán nas que levaron as súas propostas de mellora, que eran a instalación de composteiros comunitarios e a habilitación de zonas de aparcamento nas praias para os residentes do Concello de Nigrán.

Esperemos que teñan en conta as peticións!!

A Garda Civil de visita no Casares

Hoxe na nosa escola tivemos a oportunidade de coñecer de preto o traballo da Garda Civil, acompañados polo alumnado e profesorado do CEIP de Mallón. Foi un día diferente e de convivencia, compartindo valores de igualdade, compañeirismo, e compromiso de axuda. Hoxe coñecemos a parte policial pero tamén o lado humano e de servizo á cidadanía deste corpo. 

 Grazas por esta oportunidade de descoberta!!

E saúdos a Cooper e Chispa, os dous canciños que nos roubaron o corazón!!