Dom | Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Dom | Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Hoxe vivimos na escola un momento moi especial coa visita da furna solidaria que percorre todos os centros públicos de Nigrán da man de Nuria, presidenta do Clube Baloncesto de Nigrán e unha das promotoras deste torneo tan especial. Este ano a recadación irá destinada a Asociación Fran Gil contra a leucemia, da que vos convidamos a coñecer a súa preciosa historia de traballo, esforzo e moito amor para visibilizar e concienciar á sociedade que podemos regalar vida coa doazón de médula. Os días 25 e 26 de marzo terá lugar o Torneo no Pavillón Jorge Otero de Panxón, e a furna estará alí exposta para colaborar e visibilizar que moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas poden cambiar o mundo.
Hoxe pola mañá, tivemos unha visita especial na nosa biblioteca, porque os nenos e nenas de primeiro ciclo recibiron a visita de Eva Mejuto. A próxima será no acto de amadriñamento da aula de primeiro. Contou cousas moi interesantes dos libros, que nos contan e ensinan historias e imaxes marabillosas. Grazas pola visita Eva!! Ata a próxima!!
O vindeiro 25 e 26 de marzo, terá lugar no pavillón de Panxón o Torneo solidario de Basket sen barreiras que xa vai na 8ª edición. Este ano os fondos recadados irán destinados á Fundación Fran Gil contra a leucemia. Imos colaborar nesta iniciativa cunha recadación na escola que será o día 20 de marzo cunha furna solidaria na que se recadará o que consideredes para aportar o noso gran de area. A furna estará presidida pola adestradora e presidenta do Clube Baloncesto Nigrán, Nuria Gómez.
Un ano máis participamos na proposta da- Asociación de escritoras e escritores en lingua galega- no día de Rosalía de Castro.
Nesta ocasión o alumnado de 3º a 6º de EP lembra a Rosalía co seu poema máis emblemático:
"Adiós ríos, adiós fontes" que é a despedida dun home que ten que deixar o lugar onde naceu para procurar traballo lonxe. A persoa que se expresa neses versos é consciente de que probabelmente non poida voltar nunca ao seu país e que vai ter difícil comunicarse de novo cos seus seres queridos: é unha despedida para sempre. Rosalía quixo, a través de poemas coma ese, que se falase de problemas que afectaba a moitas galegas e moitos galegos sen poder e sen diñeiro
Ollo con Nigrán é un certame organizado polo Teatro do ar e a Coopertaiva Somos Terra para potenciar a creación artística en lingua galega, divulgar a gran riqueza natural do noso municipio e facernos reflexionar sobre a importancia de coidala. O prazo remata o 5 de marzo. Premede nos adxuntos para ver a información. Saúdos.
Clicando na imaxe accededes ao noso novo padlet no que podedes deixar os exemplos de obxectos reutilizados que tedes pola casa. Só tedes que presionar o signo + que aparece abaixo á esquerda e adxuntar unha foto ou vídeo. Tamén podedes engadir un pequeno texto explicando en qué consiste, etc.Grazas polas vosas aportacións!