Dom | Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Dom | Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
Esta é a ligazón da canción en inglés ,"Let it snow" de Michael Bubble, para cantar tod@s ao
rematar o "Festival de Nadal"
En pleno outono, o CEIP Carlos Casares encheuse de vida.
Celebramos o Samaín e o punto de partida do noso proxecto de cine, visualizamos unha curtametraxe de animación dos inicios de Walt Disney
"Skeleton Dance” e o alumnado de 6º de EP, nos deixou pegados a cadeira coa súa actuación.
Desde o inicio do curso, nun recuncho de ximnasio, foron aparecendo os XOGOS DE PATIO.
De agora en diante na hora do recreo, o alumnado de 1º a 6º de EP poderá recoller co seu carné o xogo que máis lle guste e
compartilo cos seus compañeiros e compañeiras.
Ó fío dos xogos de patio, veu visitarnos Simbas o avó de Ana Piñeiro de 5ºEP e deixounos un tesouro...
Se queredes saber qué é, teredes que ver o vídeo.
FELICES XOGOS!
Un ano máis, participamos no certame de animación “Nós tamén creamos”. Esta iniciativa está provida pola editora OQO a Consellería de Educación (PLAN PROXECTA) e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O alumnado de 1ºA e a súa titora Laura Varela, puxeron moreas de ilusión e moitas horas de traballo para dar vida o polbo Octavio protagonista do conto de Francesca Chessa, “NON QUERO SER UN POLBO”.
Despois de un mes de espera, podemos compartir con toda a comunidade educativa a nosa curta xunto as curtas de máis de 50 centros de toda Galicia, das que podedes desfrutar na páxina infantil da TVG (http://www.crtvg.es/infantil/nos-tamen-creamos) . Todas elas viva mostra do traballo, compromiso e talento do alumnado e profesionais da escola pública. AGARDAMOS QUE VOS GUSTEN!
Xa que estamos no mes dos libros, a Galiña Azul déixavos unha guía de lectura na que se vos recomendan diferentes libros de lectura para todas as idades. Disfrutade deles!!
Continuando coas actividades do proxecto da agricultura familiar, nesta semana tivemos unha actividade moi interesante.
Hugo, Borja e Raquel de 2ºB, nos explican en que consistiu a visita de César Lema e Patricia.
Aquí tedes unha guía de lectura da poesía de Rosalía de Castro para Infantil e Primaria. Animádevos a ler calquera delas... son moi fermosas!!
Podes baixar o noso logo para enlazar no teu blog.
Clicando na imaxe accededes ao noso novo padlet no que podedes deixar os exemplos de obxectos reutilizados que tedes pola casa. Só tedes que presionar o signo + que aparece abaixo á esquerda e adxuntar unha foto ou vídeo. Tamén podedes engadir un pequeno texto explicando en qué consiste, etc.Grazas polas vosas aportacións!