Skip to Content

Menú de Xaneiro

Recibimos o 2022 con moita ilusión neste segundo trimestre no comedor. Aquí vos deixamos o menú deste primeiro mes. Benvido xaneiro!

Reserva de praza para o alumnado de 6º Curso de Educación Primaria no centro adscrito (IES Isidro Parga Pondal)

O prazo de presentación de solicitudes é desde o día 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro e diríxese ao alumnado de 6º Curso de Educación Primaria que continuará os estudos no IES Isidro Parga Pondal.

Días non lectivos

Estimadas familias: Lembrade que durante esta semana unicamente teremos clase o martes, 7 de decembro e o xoves, 9 de decembro posto que o venres 10 de decembro é o festivo local deste ano do Concello de Coristanco. Un saúdo. O equipo directivo. 

Menú de Decembro

Aquí vos deixamos o menú do comedor do mes de decembro.

Un saúdo. 

AVISO IMPORTANTE SOBRE O PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE DE MÁSCARAS PARA O ALUMNADO

Estimadas familias: como continúa habendo dúbidas referentes ao procedemento de solicitude de máscaras para o alumnado aproveitamos para facer algunhas aclaracións:

1.O alumnado de Educación Infantil queda excluído.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Estimadas familias: O vindeiro luns, 22 de novembro celébrase no noso centro a votación para a elección de representantes dos pais, nais ou titores legais do alumnado no Consello Escolar do colexio. Na circular adxunta tedes a información completa sobre o proceso. Un saúdo. O equipo directivo.

SOLICITUDE DE MÁSCARAS PARA O ALUMNADO

Estimadas familias: No día de hoxe recibimos a comunicación da Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E). Diario Oficial de Galicia nº 218, do 12.11.2021. O alumnado tamén leva a nota na mochila e o documento para solicitar as máscaras.

PRESENTACIÓN CANDIDATURA NAIS & PAIS - CONSELLO ESCOLAR

Estimadas familias: Deixamos no arquivo adxunto o modelo de presentación de candidaturas para todas aquelas nais e pais do alumnado do centro que estean interesados en presentala. Un saúdo. O equipo directivo. 

Menú de Novembro

Aquí vos deixamos o menú de novembro. 

Mínimos esixibles para o curso 2021-2022

Estimadas familias: Publicamos o documento onde podedes ver os mínimos esixibles de cada unha das materias para este curso 2021-2022. Un saúdo. O equipo directivo.

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

Estimadas familias: No arquivo adxunto a esta publicación figura a circular informativa referente ao sorteo público para a designación dos integrantes da Xunta Electoral que terá lugar este mércores,  27 de outubro ás 11:30. Un saúdo. O equipo directivo.

SAMAÍN 2021

Bo día, a vindeira semana celebraremos o Samaín na escola con lecturas terroríficas, ademais o 29 de outubro o alumnado poderá vir disfrazado.Iso si, teñen que vir coa cara descuberta e sen traer ningún tipo de complemento. 

REUNIÓN COAS FAMILIAS CURSO 2021-2022

Estimadas familias: o vindeiro xoves 14 de outubro terán lugar no noso centro as reunións de inicio de curso coas titoras e cos titores de Educación Primaria. O horario e o lugar da reunión será o seguinte:

1º E.P.: 16:00h no ximnasio.

2º E.P.: 16:00h no patio cuberto dianteiro.

3º E.P.: 17:00h no patio cuberto dianteiro.

COLABORACIÓN CON LA PALMA

Estimadas familias: Tras o inicio da erupción do volcán en La Palma o pasado domingo 19 de setembro, son moitas as familias afectadas que o perderon todo e que precisan de axuda. Por este motivo o Concello de Coristanco solicita a colaboración do noso centro para localizar diferentes puntos de recollida monetaria.

MENÚ DE OUTUBRO

Como puidéchedes comprobar, xa entramos de cheo no outono que nos vai acompañar durante varias semanas. Aquí vos deixamos o menú do mes de outubro.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut