Skip to Content

SAMAÍN 2021

Bo día, a vindeira semana celebraremos o Samaín na escola con lecturas terroríficas, ademais o 29 de outubro o alumnado poderá vir disfrazado.Iso si, teñen que vir coa cara descuberta e sen traer ningún tipo de complemento. O alumnado que o venres teña Educación Física deberá traer un disfrace acorde á materia ou roupa deportiva por debaixo do disfrace, xa que aínda que se poden disfrazar, levaremos a cabo a xornada lectiva con normalidade. Moitas grazas! O equipo directivo.



page | by Dr. Radut