Skip to Content

CEIP CANOSA-RUS, CORISTANCO

.

Benvidos ao espazo web do CEIP Canosa-Rus de Coristanco.

LOCALIZACIÓN E TELÉFONOS DE CONTACTO

TELÉFONOS DE CONTACTO:

881 880 382 (Xeral)

881 880 380 (Departamento de Orientación)

881 880 383 (Sala de titoría)

881 880 381 (Dirección)

 https://goo.gl/maps/4WvG4EApFPLjrKv8A

Menú novembro

Xa chegou o menú de novembro á páxina web. As veces mellor tarde que nunca.

ELECCIÓNS DE REPRESENTANTES NO CONSELLO ESCOLAR 2024-2025

Neste espazo pódense ir consultando todos os documentos que se publican en relación ao proceso de elección de representantes do Consello Escolar este curso 2024-2025.

Os censos dos electores están expostos no taboleiro do centro. O prazo de reclamacións ao censo remata o 6 de novembro de 2024. 

Menú de outubro

Xa chegou o menú de outubro á páxina web. As veces mellor tarde que nunca.

ANUNCIO SORTEO XUNTA ELECTORAL ELECCIÓNS REPRESENTANTES NO CONSELLO ESCOLAR 2024

Con motivo das eleccións para a renovación de representantes no Consello Escolar dos distintos sectores da comunidade educativa que terá lugar no mes próximo, anúnciase que o vindeiro VENRES día 18 de outubro, ás 11:25 horas, terá lugar o sorteo público na biblioteca do centro para designar os membros da Xunta Elector

Menú do comedor mes de setembro

REUNIÓN INICIO DE CURSO 4º EDUCACIÓN INFANTIL

A reunión de inicio de curso de 4º de Educación Infantil coa titora deste grupo, será o martes 10 de setembro ás 10 horas

RECOLLIDA LIBROS DE TEXTO FONDOLIBROS

A entrega dos libros de texto ás familias beneficiarias de FondoLibros  (3º EP, 4º EP, 5º EP e 6º de EP) farase o martes 10 de setembro de 11:00 a 13:00 horas no patio cuberto dianteiro.

Recordatorio principio de curso

Bo día, 

 

Lémbrase as familias que durante os vindeiros días (do 2 ao 10 de setembro) se deberán solucionar os posibles trámites faltantes, se non se fixeron xa durante os meses de xuño e xullo. Posibles trámites:

 

- Presentar solicitude do comedor escolar.

- Presentar solicitude de colaboración do comedor escolar, só aquelas persoas que queran ser colaboradoras durante o curso escolar 2024/2025. 

- Recoller cheques dos vales de libros e/ou material (fondolibros).

 

Moitas grazas pola vosa atención.

O equipo directivo. 

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

O horario de atención ao público da semana do 2 ao 6 de setembro é o seguinte:

Luns: de 11:30 a 13:00 horas.

De martes a venres: de 9:30 a 12:30 horas.

INICIO CLASES CURSO 2024-2025

As clases do curso 2024-2025 comezan o día 11 de setembro no horario de 9:30 a 14:30 horas. O servizo de comedor escolar é de 14:30 a 15:30 horas.

En outubro, comeza a xornada partida co horario de 9:30 a 16:15 horas, sendo o servizo de comedor de 12:50 a 14:35 horas. Como excepción, os xoves o horario é de 9:30 a 15:40 horas e o servizo de comedor de 12:30 a 14:00 horas. 

Distribuir contido


by Dr. Radut