Estimadas familias: En xuño cambia o horario lectivo do centro (9:30h. - 15:30h.). Achegamos o novo horario co que comezamos o mércores 1 de xuño. Un saúdo. O equipo directivo.
Hoxe, día 19 demaiode 2022, empeza o prazo para solicitar as bolsas de axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo e remata o 30 de setembro de 2022.
Con data do 10 de maio,informamos da Publicación da Resolución Definitiva do alumnado admitido no centro para o curso 2022-2023.
Lembramos que todo o alumnado, tanto de Educación Infantil como Educación Primaria que presentou a solicitude, está admitido e está exposto no taboleiro de conserxería.
Estimadas familias, difundimos esta información sobre o CAMPAMENTO CONCILIACIÓN DE VERÁN:
Dáse publicidade á listaxe provisional de persoas admitidas no Campamento de verán 2022 do Concello de Coristanco para promover a conciliación da vida familiar e laboral, así como a listaxe de agarda para realizar os chamamentos nos casos de renuncia dalgunha das persoas admitidas.
Dispoñen dun prazo de 10 días laborais a contar dende mañá para formular alegacións ou presentar renuncias á praza, mediante solicitude disposta para o efecto nas dependencias da Biblioteca pública municipal ou ben mediante descarga na web municipal e remitila por correo electrónico (biblioteca@coristanco.gal).
Estimadas familias: O luns, 2 de maio iniciamos o segundo e último período de distribución de froitas frescas no colexio. O reparto de froita, para todo o alumnado que desexe consumila, terá lugar durante dez días lectivos consecutivos finalizando o vindeiro venres, 13 de maio. Un saúdo. O equipo directivo.
Con data do 22 de abril,informamos da Publicación da Resolución Provisional de alumnado admitido no centro para o curso 2022-23.
Informamos de que todo o alumnado, tanto de Educación Infantil como Educación Primaria que presentou a solicitude, está admitido e está exposto no taboleiro de conserxería. Aínda así, publicarase a resolución definitiva antes do 15 de maio de 2022 no devandito taboleiro.
Estimadas familias: A continuación publicamos a información que nos fixo chegar hoxe o Concello de Coristanco respecto á Campaña de Campamentos de Verán 2022 na residencia do IES Rosalía Mera. Un saúdo. O equipo directivo.
Estimadas familias: A continuación publicamos a información que nos fixo chegar hoxe o Concello de Carballo respecto á convocatoria de axudas de estudos para alumnado de 2º ciclo de Educación Infantil e estudos de Grao Elemental ou Profesional no Conservatorio Profesional de Música de Carballo. Curso 2021-2022.
Lembrámosvos que dende o luns 11 ata o luns 18 de abril, ambos os dous inclusive estaremos de vacacións. Vémonos o martes 19 de abril! Un saúdo, O Equipo Directivo