Skip to Content

Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2022/2023

Queridas familias: O sábado 10 de marzo publicouse no BOE a nova convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2022/2023.O prazo para presentar as solicitudes é do 30 de marzo ao 12 de maio, inclusive (A presentación realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación

Novas COVID

Estimadas familias: O pasado 1 de marzo de 2022, tras a valoración da situación epidemiolóxica actual por parte das diferentes comunidades autónomas, a Comisión de Salud Pública chegou a un acordo a partir do cal se elimina a recomendación de corentenar aos contactos estreitos a nivel comunitario. 

Axuda a Ucraína de forma eficaz

Estimadas familias: Deixamos aquí o comunicado conxunto sobre a crise humanitaria de Ucraína onde se recollen unha serie de recomendacións para axudar de forma eficaz á poboación do país que tanto está a sufrir desde fai varios días. Un saúdo. O equipo directivo.

Menú de Marzo

Dentro dunhas semanas daremos a benvida á primavera e a novas cores, paisaxes, flores, froitos...mentres non chega imos agardar con calma ata que sexa o momento de gozar da nova estación. Aquí tendes o menú de marzo, esperamos que vos guste!

Inicio do segundo período de distribución de lácteo

Estimadas familias: O próximo luns, 7 de marzo empezamos o segundo período de distribución de leite líquido de consumo no noso centro. Será durante vinte días lectivos consecutivos e con el finaliza a distribución de lácteos concedida ao noso centro. A principios de maio empezará o segundo período de distribución de froita para todo o alumnado. Un saúdo. O equipo directivo.

Vacacións de Entroido

Estimadas familias: Lembramos que os días 28 de febreiro, 1 e 2 de marzo son días non lectivos este curso e polo tanto non haberá clase. Un saúdo. O equipo directivo. 

Admisión de alumnado para o curso: 2022-2023

Estimadas familias: Este martes, 22 de febreiro publicáronse as instrucións referentes ao proceso de admisión de alumnado para o vindeiro curso: 2022-2023. O prazo establecido pola Consellería de Educación, Cultura e Universidade é do 1 ao 21 de marzo de 2022.

Nova Orde de Avaliación

Estimadas familias: O pasado luns, 14 de febreiro publicouse a nova orde de avaliación pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de Educación Primaria, de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato no sistema educativo de Galicia. Terase en conta para a avaliación do alumnado a presente normativa.

eduCANdo con XEA

Estimadas familias: O pasado venres 18 de febreiro, comezamos coa actividade “eduCANdo” da man de XEA (Xestión Ética do Abandono) no noso centro. A través desta actividade con cans traballamos a educación emocional do noso alumnado. Agardamos que vos guste tanto esta experiencia como aos/ás nenos/as que se implicaron moito e aos cans participantes que gozaron nas mans deles/as.

Información - Votacións Xornada Única de mañá

Estimadas familias: A día hoxe xa está exposto o censo para as votacións para a implantación da xornada lectiva en sesión única de mañá no noso centro. O proxecto foi publicado nesta mesma páxina web o 26 de xaneiro.

O censo queda exposto no cristal de entrada, e poderanse presentar reclamacións ao mesmo entre os días 16 e 22 de febreiro, ambos inclusive, no horario de apertura do centro. O modelo para reclamar poderase solicitar en conserxería e pedir cita para tramitalo.

OBRADOIRO MURAL

Estimadas familias: A vindeira semana (dende o día 7 ata o día 11 de febreiro) levarase a cabo un obradoiro no centro que consiste en que o alumnado colaborará cunha pintora para realizar un mural no patio cuberto traseiro do colexio. Achegámosvos unha serie de recomendacións para realizar a actividade. Un saúdo. O equipo directivo.

Menú de febreiro

Aquí vos deixamos o menú de febreiro que como xa sabedes, é o mes do Entroido!

Distribución de leite líquido de consumo e froitas frescas

Estimadas familias: Esta semana iniciamos a distribución de leite correspondente á convocatoria do Fondo Galego de Garantía Agraria a través da cal se regula o procedemento para a concesión de axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares durante o curso 2021-2022.

PROXECTO DE XORNADA CONTINUADA PARA O CURSO 2022-2023

Estimadas familias: Deixamos publicado o proxecto da xornada continuada para que o poidades consultar. Un saúdo O equipo directivo.

Indicacións COVID - Xaneiro 2022

Estimadas familias: Aquí vos deixamos as indicacións respecto ao protocolo COVID comunicadas ao noso centro esta semana. Un saúdo. O equipo directivo. 

Distribuir contido


by Dr. Radut