Skip to Content

Admisión de alumnado para o curso: 2022-2023

Estimadas familias: Este martes, 22 de febreiro publicáronse as instrucións referentes ao proceso de admisión de alumnado para o vindeiro curso: 2022-2023. O prazo establecido pola Consellería de Educación, Cultura e Universidade é do 1 ao 21 de marzo de 2022.

É imprescindible solicitar cita previa con Secretaría do centro para realizar os trámites de xeito presencial no colexio chamando ao teléfono 881.880.382.

-Modo de presentación: no centro educativo ou a través da Sede Electrónica.

-Documentación: Anexo II (Modelo ED550B) que poden imprimir descargando o adxunto (IMPRESO - SOLICITUDE DE ADMISIÓN - 2022-2023), Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a (fotocopia do libro de familia ou DNI). Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou Convenio regulador, de ser o caso. 

IMPORTANTE: A solicitude debe ser asinada polos dous proxenitores, incluso nos casos de separación ou divorcio.

AdxuntoTamaño
INSTRUCIÓNS - ADMISIÓN DE ALUMNADO 2022-2023.pdf114.74 KB
IMPRESO - SOLICITUDE DE ADMISIÓN - CEIP CANOSA-RUS - 2022 - 2023.pdf1.31 MB


page | by Dr. Radut