Skip to Content

CAMBIO DE HORARIO DO CENTRO

Estimadas familias: A partir deste venres, 1 de outubro (incluído) volvemos a ter a xornada partida no noso centro. Lembrade, polo tanto que entraremos ás 9:30hs como sempre e sairemos todos os días ás 16:15hs agás os xoves que a hora de saída será ás 15:40hs. Un saúdo. O equipo directivo.

Escola de Nais e Pais - Asociación "Vieiro"

Estimadas familias: Onte repartiuse unha circular da Asociación “Vieiro” para a inscrición na “Escola de Nais e Pais” para todas as familias que estean interesadas en participar durante o curso: 2021-2022.No adxunto que acompaña esta publicación podedes consultar as diferentes temáticas que se poden abordar durante as sesións que imparten desde fai anos psicólogas e educadoras da Asociación “Vieiro”. O prazo de inscri

CALENDARIO ESCOLAR 2021-2022

BENVIDAS E BENVIDOS AO CURSO 2021-2022

Bo día: Despois destas dúas semanas de comezo tan intensas, queremos poñernos en contacto convosco para presentarnos. Neste curso acompañarémosvos no Equipo Directivo, Bárbara Paredes coma Xefa de Estudos, Silvia López coma secretaria e Elena Sousa coma Directora. Tamén nos acompañará:

CAMBIOS NO TRANSPORTE ESCOLAR

Estimadas familias: A Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publicou hoxe a Addenda nº 2 á Instrución conxunta 1/2001 sobre a xestión do servizo de transporte de escolares no curso escolar 2021-2022. O cambio que se produce é que […] o alumnado de ensino obrigatorio que non teña a condición de usuario con dereito a transporte escolar, poderá facer uso dos servizos

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO


O horario de atención ao público é o seguinte:

Luns 8 e martes 9 de xullo. 

-De 9:30h a 12:30h.

 

 

COMEDOR ESCOLAR 2021-2022

Estimadas familias: un ano máis, desde o CEIP Canosa-Rus o equipo do comedor quere darvos a benvida. Durante este curso 2021-2022 seguiremos colaborando co Proxecto Documental Integrado co que vimos traballando no centro,probando novos sabores e gozando de sorpresas grazas aos menús especiais de fin de mes que comezarán en outubro.

Transporte escolar – Alumnado de Educación Infantil

Estimadas familias: A Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publicou unha Addenda á Instrución conxunta 1/2021 na que se contempla introducir unha previsión específica dirixida ao alumnado do segundo ciclo de Educación infantil sen dereito a transporte escolar gratuíto, de xeito que se habilite aos centros a reserva de praza ao seu favor nos supostos de existencia de prazas dispoñibles en paradas existentes en servizos integrado

HORARIO DE INICIO DE CURSO

 

Estimadas familias: Informamos do horario de saída do centro durante o mes de setembro. 

HORARIO DE SAÍDA DO ALUMNADO DE INFANTIL E 1º E 2º DE PRIMARIA: 13:30 (se non fan uso de comedor ) e 15:30 (se fan uso de comedor).

HORARIO DE SAÍDA DO ALUMNADO DE 3º A 6º DE PRIMARIA: 14:30 (se non fan uso do comedor) 15:30 (se fan uso do comedor).

O alumnado de 3 anos terá horarios de saída diferentes do que xa foron informadas as familias pola titora. 

Un saúdo.

O equipo directivo. 

ENTREGA DE LIBROS – FONDOLIBROS - CURSO: 2021-2022

Estimadas familias: O próximo luns, día 6 de setembro entregaranse os libros que lles corresponden de FONDOLIBROS a cada alumno/a. Recordamos tamén que algunhas familias teñen pendente pasar a recoller os vales de material para os libros de 1º e 2º e os vales para material de 1º a 6º de Educación Primaria e que poderán facelo ese mesmo día. A continuación detallamos o horario no que se realizará a entrega dos libros e a entrega dos vales.

TRANSPORTE ESCOLAR - CURSO 2021-2022

 

Estimadas familias: Para o próximo curso 2021-2022 hai cambios respecto á xestión do transporte escolar. Nos arquivos adxuntos figura a circular de transporte e a Intrucción conxunta 1/2021 para que poidades acceder ao texto completo. É moi importante ler atentamente a información para poder así realizar os trámites de forma correcta. As novidades máis importantes refírense ao alumnado que facía, ata o de agora, uso do transporte escolar de forma excepcional. Un saúdo. O equipo directivo.

Últimos días de atención ao público

O luns 19 e o martes 20 de xullo son os últimos días de atención ao público tanto de xeito presencial como telefónico en horario de 9:30 a 11:30.

Listaxe definitiva das axudas FONDOLIBROS para o curso 2021-2022

Publicada a listaxe definitiva de axudas FONDOLIBROS para o curso 2021-2022. A listaxe pódese consultar dende o luns, 19 de xullo no taboleiro interior do colexio. Recordade que podedes pasar a recoller os vales para libros e para material dos/ das alumnos/as aos que lles corresponden as axudas durante o horario de atención ao público. 

 

Listaxe provisional das axudas FONDOLIBROS para o curso 2021-2022

Publicada a listaxe provisional das axudas FONDOLIBROS para o curso 2021-2022. A listaxe pódese consultar dende o luns, 12 de xullo no taboleiro interior do colexio. O prazo para reclamacións é de dous días a partires da publicación, co cal os días habilitados para facelo serán o luns 12 e o martes 13 de xullo. Unha vez rematado o prazo e resoltas as incidencias procederemos a publicar a listaxe definitiva.

Distribuir contido


by Dr. Radut