Skip to Content

Transporte escolar – Alumnado de Educación Infantil

Estimadas familias: A Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publicou unha Addenda á Instrución conxunta 1/2021 na que se contempla introducir unha previsión específica dirixida ao alumnado do segundo ciclo de Educación infantil sen dereito a transporte escolar gratuíto, de xeito que se habilite aos centros a reserva de praza ao seu favor nos supostos de existencia de prazas dispoñibles en paradas existentes en servizos integrados.

A día de hoxe, xa realizamos o proceso desde o centro e están introducidos os datos do alumnado de Educación Infantil que presentou no colexio a solicitude de transporte. Aquelas familias que non presentaron a solicitude e desexen realizar este trámite poderán facelo durante esta semana. Un saúdo. O equipo directivo.



page | by Dr. Radut