Skip to Content

Reserva de praza para o alumnado de 6º Curso de Educación Primaria no centro adscrito (IES Isidro Parga Pondal)

O prazo de presentación de solicitudes é desde o día 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro e diríxese ao alumnado de 6º Curso de Educación Primaria que continuará os estudos no IES Isidro Parga Pondal.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual ou a través da aplicación http:www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

 

1.Cubrir a solicitude informaticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:

Para presentar a solicitude no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitude à Reserva à Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorización. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro.

 

2.Cubrir a solicitude informaticamente e asinala en Sede Electrónica:

Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes à Reserva à Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos académicos e autorización. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e posteriormente premendo no botón “Firmar e presentar en Sede Electrónica”, poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.

 

IMPORTANTE: Deberá achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo I bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS RESTANTES MEMBROS DA UNIDADE DE CONVIVENCIA, última páxina da solicitude que se pode visualizar e descargar nesta aplicación).

Debe achegarse escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar a solicitude.

3.Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro.

 

IMPORTANTE: Deberase solicitar cita previa con Secretaría para calquera xestión vinculada coa solicitude de admisión.

 

AdxuntoTamaño
MODELO DE SOLICITUDE - ALUMNADO 6º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA.pdf1.31 MB
ANEXO I BIS - COMPROBACIÓN DE DATOS DOS RESTANTES MEMBROS DA UNIDADE DE CONVIVENCIA.pdf756.92 KB


page | by Dr. Radut