Skip to Content

AVISO IMPORTANTE SOBRE O PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE DE MÁSCARAS PARA O ALUMNADO

Estimadas familias: como continúa habendo dúbidas referentes ao procedemento de solicitude de máscaras para o alumnado aproveitamos para facer algunhas aclaracións:

1.O alumnado de Educación Infantil queda excluído.

2.O alumnado de Educación Primaria que foi beneficiario de cheque de material é o único que non é necesario que tramite a solicitude posto que xa son adxudicatarios de máscaras.

3.O alumnado que non foi beneficiario de cheque de material SÍ DEBE TRAMITAR A SOLICITUDE no caso de estar interesado en facelo. O feito de que fose beneficiario de FONDOLIBROS pero non de cheque de material implica que, se é de que está interesado, DEBE PRESENTAR TAMÉN A SOLICITUDE.

4.A solicitude deberá ser entregada correctamente cuberta (empregando letras maiúsculas) e deberá ir acompañada da documentación que se indica no modelo de solicitude.

5.Non se recollerán nin se tramitarán solicitudes que sexa presentadas fóra do prazo que figura na Orde.

6.O prazo para a presentación de solicitudes remata este venres, 26 de Novembro (incluído).

Un saúdo. 

O equipo directivo.



page | by Dr. Radut