Skip to Content

Articles

AXUDAS PARA O ALUMNADO DO CONCELLO DE CORISTANCO

Remitimos a información que nos achegaron os Servizos Sociais do Concello de Coristanco para o alumnado de Coristanco con respecto a unhas axudas ás que podedes accerder tras ler as bases reguladoras, se as condicións das mesmas volo permiten. Estas axudas NON SON INCOMPATIBLES coas axudas de libros de texto e material da Consellería de Educación

LISTAXE DEFINITIVA DE FONDO LIBROS E AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL PARA O CURSO 2020-2021

Xa están  dispoñibles no corcho da entrada  do colexio  

LISTAXE PROVISIONAL DE FONDO LIBROS E AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL PARA O CURSO 2020-2021

Xa están dispoñibles no corcho da conxersería

LISTAXE DEFINITIVA ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2020-2021 E FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA.

Hoxe publicouse a listaxe definitiva de  alumnado admitido para o vindeiro curso 2020/2021. Ao igual que nas listaxes provisionais, todo o alumnado, tanto de educación infantil  como de primaria, que presentaron solicitude de admisión para o vindeiro curso 2020 / 2021 están admitido nas listaxes definitivas. Se queredes podedes consultar a lestaxe na entrada do colexio.

SOLICITUDE DE TRANSPORTE PARA O CURSO 2020-2021

Xuntamos  a solicitude de Transporte escolar para o vindeiro curso 2020-2021. Todas as familias debedes cubrilas e entragalas no centro, preferentemente nos días establecidos de entrega das solicitudes de comedor escolar, ou ben envialas debidamente cubertas e asinadas ao correo do colexio ceip.canosa.rus@edu.xunta.es, poñendo en asunto: nome e apelidos do alumno/a- Solicitude de transporte.

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO 2020-2021.

Bos días:

Xuntamos a listaxe dos libros de texto para o vindeiro curso 2020-2021.

É recomendable que as familias solicitantes das axudas de fondo de libros ( 3º a 6º EP)  e axudas de libros de texto ( 1º e 2º EP) e de material,  non merquedes nada ata ter a resolución definitiva das axudas recibidas. 

ENQUISA PARA CUBRIR AS FAMILIAS. PRAZO : XOVES 18 DE XUÑO.

Estimadas familias:

LISTAXE PROVISONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O VINDEIRO CURSO 2020-2021

Todo o alumnado, tanto de infantil como de primaria,  que presentaron solictude de admisión para o vindeiro curso 2020-2021 están ADMITIDOS/AS nas listaxes provisonais. As listaxes están colgadas no taboleiro do centro a vosa disposición. 

A listaxe definitiva de admitidos/as sairán publicadas antes do 26 de xuño nesta páxina web. 

Lembramos que a data de formalización de matrícula é: do 1 ao 10 de xullo de 2020.

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o vindeiro curso 2020-2021

Onte saíu publicada a Orde do 12 de maio do 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado matriculado en centros públicos para o curso 2020-21.

INFORMACIÓN PÁXINA CONSELLERíA EDUCACIÓN

ADAPTACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS PARA O CURSO 2019/20

En base ás Instruccións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20 nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, colgamos nesta entrada as adaptacións das programacións dos diferentes cursos e especialidades para o remate do curso 2019/20. Para calquera aclaración remitirse polas vías que veñen sendo habituais aos mestres/as correspondentes. 

INFORMACIÓN SOBRE AS AXUDAS DO CONCELLO DE CARBALLO E DA XUNTA DE GALICIA PARA ALUMANDO USUARIO DE COMEDOR

Lembramos que hai dous tipos de axudas para os usuarios de comedores escolares : as dos concellos e as d

Nova forma de comunicación entre as familias e o cole: abalarMóvil.

Nos próximos días comezaremos cun novo sistema de comunicación coas familias a través dunha aplicación, que xa teñen moitos centros e que algúns de vós xa tedes descargada : abalarMóvil.

Medidas para facilitar a continuidade do proceso de aprendizaxe do alumnado.

Dende o claustro de mestres/as do CEIP Canosa-Rus queremos comunicarvos as seguintes cuestións:

Sistema de comunicación co centro:

Para poñervos en contacto co equipo directivo ou co profesorado podedes comunicarvos a través dos números de teléfono do centro: 881880382 /881880381 ou ao correo electrónico do centro que é :  ceip.canosa.rus@edu.xunta.es

AMPLIACIÓN DO PRAZO DO PROCESO DE ADMISIÓN

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará unha semana despois do reinicio das clases. Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.

 

 



by Dr. Radut