Skip to Content

INFORMACIÓN SOBRE AS AXUDAS DO CONCELLO DE CARBALLO E DA XUNTA DE GALICIA PARA ALUMANDO USUARIO DE COMEDOR

Lembramos que hai dous tipos de axudas para os usuarios de comedores escolares : as dos concellos e as da Xunta de Galicia. Ambas axudas son compatibles segundo a lexislación vixente , é dicir , que quen as solicitase, pode ser beneficiario das dúas.  Podedes consultar a Orde na que se basa picando enriba dela.

ORDE do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19, co levantamento dos prazos de suspensión do procedemento (código de procedemento ED601B).

Información sobre as axudas do Concello de Carballo (aportada por asuntos sociais de Carballo)

  • As familias recibirán nos seus domicilios unha tarxeta igual a da imaxe.
  • É unha tarxeta prepago que ainda que non leva nome, está asociada a un DNI, por iso hai que activar a mesma e xa lle cargan os importes correspondentes a cada DNI.
  • NON é preciso gastar todo o saldo en unha sóa compra, vaise descontando cada vez que se compra.
  • Lembrar que en estado de alarma recoméndase facer unha única compra grande.
  • Se a compra supera o saldo, pode pagarse a diferenza en efectivo.
  • Pode usarse nos Supermercados Familia de Carballo.
  • Que non se tiere a tarxeta unha vez rematado o saldo, xa que de ser preciso  recargaríase de forma automática en futuras ocasións.
  • Os importes que de cada tarxeta son os seguintes (para que sexa compatible  coa ORDE do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19, co levantamento dos prazos de suspensión do procedemento).
  •  Esacolas Infantís : 120€ por cada crianza
  • Centros de Educación Infantil e Primaria (CEIP) : 56€ por crianza( 2 nenas/os =112, 3=168)

RECOMÉNDASE QUE AS FAMILIAS INTENTEDES FACER UN USO RESPONSABLE DA TARXETA,  COMPRA DE PRODUCTOS DE PRIMEIRA NECESIDADE E  PRODUCTOS FRESCOS PARA POTENCIAR UNHA DIETA EQUILIBRADA E SAUDABLE.

 

 Información sobre as axudas da Xunta de Galicia 

  • Estas axudas son destinadas a todo o alumnado que non pagaba comedor ou que pagaba 1 euro, sempre que foran solicitadas ditas axudas, ou ben a través da sede electrónica, ou ben a través  do centro. 
  • Serán ingresadas na conta bancaria daquelas persoas que o solicitaron e que lles foron concedidas as axudas .
  • Estas axudas son de 2,5 euros por día ao alumnado que non pagaba nada e de 1,5 euros por día ao alumnado que pagaba 1 euro. 

Para máis información podedes poñervos en contacto co cole a través do noso número de teléfono ou a través do correo electróncio.

Un saúdo e moito ánimo de parte do Equipo directivo 

 

 



page | by Dr. Radut