Skip to Content

LISTAXE DEFINITIVA ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2020-2021 E FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA.

Hoxe publicouse a listaxe definitiva de  alumnado admitido para o vindeiro curso 2020/2021. Ao igual que nas listaxes provisionais, todo o alumnado, tanto de educación infantil  como de primaria, que presentaron solicitude de admisión para o vindeiro curso 2020 / 2021 están admitido nas listaxes definitivas. Se queredes podedes consultar a lestaxe na entrada do colexio.

Recordar que a data de formalización de matrícula é do 1 ao 10 de xullo de 2020, para os que se vos citará telefonicamente nos próximos días.

DOCUMENTACIÓN A APORTAR NA FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA:

  • Anexo III. Formalización de matrícula.
  • Certificado do padrón municipal no que figuren todos os membros da unidade familiar que conviven nel. 
  • Informe médico do neno/a.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Dúas fotos tamaño carné.

Xuntamos o Anexo III de formalización da matrícula e a entrada da solicitude de comedor, por se as queredes traer cuberta. Tamén xuntamos a entrada de colaboradores/as do comedor, por si estades interesados/as. O resto de papeis cubriranse no centro o día da formalización de matrícula. Para calquera dúbida estamos a vosa disposición. Un saúdo. O equipo Directivo. 

SOLICITUDE DE COMEDOR.

SOLICITUDE DE COLABORACIÓN NO COMEDOR ESCOLAR. 

AdxuntoTamaño
Anexo III Formalización Matrícula.pdf427.8 KB


page | by Dr. Radut