Skip to Content

Articles

INFORMACIÓN CORONAVIRUS E SUSPENSIÓN DE CLASES

Como é sabido hoxe comunicou o Presidente da Xunta, o peche dos centros educativos dende o luns 16 de marzo, durante 14 días.  Do mesmo xeito, recomendou que mañá, na medida do posible non enviaran aos alumnos/as ao colexio.

ALUMNADO CON RESERVA DE PRAZA NO IES PARGA PONDAL

Os alumnos/as que solicitaron reserva de praza no IES Isidro Parga Pondal , teñen asignada todos/as unha praza para o vindeiro curso 2020/2021.

Deberán facer a formalización de matrícula no instituto nos prazos establecidos ( do 25 de xuño ao 10 de xullo).

Prazo de admisión de alumnado para o curso 2020 / 2021

    Informámoslles que do 1 ao 23 de marzo pode presentarse no centro a solicitude de admisión para os alumnos que se incorporen por 1º vez  ao colexio ou queiran cambiar de centro (nese caso deberán presentar a solicitude no centro elixido e entregar unha copia desta no de procedencia).Os alumnos que continúen a súa escolaridade no noso colexio NON teñen que realizar ningunhaxestióne os que empezan 1º da ESO no IES ISIDRO PARGA PONDAL xa fixeron a reserva de pra

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2020/2021

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 1 de febreiro de 2020 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

 O prazo de solicitudes abranguerá do 1 ao 17 de febreiro, ambos incluídos.

Mínimos esixibles de educación primaria

Xuntamos os mínimos esixibles de cada curso  e área de  educación primaria.

COMEZO DE CURSO 2019-2020

Xa estamos preto de comezar o curso e dende o equipo directivo gustaríanos darvos a benvida e lembrarvos as seguintes datas:

LISTAXE PROVISIONAL DE FONDO LIBROS E AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL PARA O CURSO 2019-2020

Xa están  dispoñibles no corcho da conxersería as listaxes provisionais da adxudicación de libros de fondo libros de 3º a 6º de Educación Primaria e as listaxes de axudas para adquisición de libros de texto (1º e 2º de EP ) e axudas para adquisión de material ( 1º a 6º de EP).

Comezo da xornada continuada de xuño

Informámoslles que o luns 3 de xuño comeza a xornada continuada, con horario de 9:30h a 14:30h. O xantar faise de 14:30 a 15:35h. Se algún alumno/a non se vai quedar a comer no comedor escolar, debe comunicalo.

O venres 21 celebrarase a festa de fin de curso ( subvenciona a ANPA). Este día a xornada será reducida, de 9:30h a 12:30h.

COMEZO DO CURSO 2018/2019

As clases comezarán o día 12 de setembro. Este día a xornada será reducida, de 9:30h a 12:30 h, sen comedor e con transporte.

O día 13  a xornada xa será  a habital en setembro, de 9:30h a 14:30h e o comedor de 14:30h a 15:30h. 

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS EN FONDO LIBROS DE 3º A 6º DE EP E DATA DE RECOLLIDA DOS MESMOS

Con data de 18 de xullo quedan expostas as listas definitivas de admitidos no Fondo Solidario de libros de texto de 3º, 4º , 5º e 6º de Educación Primaria na cristaleira do centro.

A data de recollida dos libros de texto deste Fondo Solidario é o xoves 6 de setembro de 10:00h a 12:00h nas aulas correspondentes ás titorías.

LIBROS DE TEXTO 2018-2019

Adxuntamos a listaxe dos libros de texto de Educación Primaria para o curso 2018-2019.

En Educación Infantil non se empregarán libros de texto para o vindeiro curso.

Vales para os libros de texto e cheques de material. Fondo libros.

Xa están dispoñibles na secretaría do centro os vales para os libros de texto de 1º e 2º de Educación Primaria, os cheques de material de 1º a 6º de Educación Primaria.

Tamén están dispoñibles no corcho da conxersería as listaxes provisionais da adxudicación de libros de fondo libros de 3º a 6º de Educación Primaria. As listaxes definitivas sairán nos próximos días sempre antes do 20 de xullo.

Os libros repartiranse en setembro antes de comezar as clases nas titorías. 

Historiais académicos 6º EP e impresos de pago de comedor escolar

A partir do mércores  4 de xullo pódese pasar a recoller os HISTORIAIS ACADÉMICOS DO ALUMNADO DE 6º DE EP.

O horario de atención ao público é de 11:00 a 13:00h na secretaría do centro.

A data límite para a recollida desta documentación é o xoves 12 de xullo.

Informamos de que xa están dispoñibles os impresos de pago do comedor correspondentes ao mes de xuño de 2018.

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o vindeiro curso 2018-2019

Para acceder á seguite información, picade aquí enriba da Orde:



by Dr. Radut