Xa estamos preto de comezar o curso e dende o equipo directivo gustaríanos darvos a benvida e lembrarvos as seguintes datas:
Comezo das clases: mércores 11 de setembro, de 9:30h a 12:30h , este día temos xornada reducida.
O xoves día 12 o horario xa será o habitual en setembro, de 9:30h a 14:30 h e o comedor de 14:30h a 15:30 h.
Recollida de libros de texto de 3º a 6º de EP: mércores 4 de setembro , de 12:00h a 14:00h nas aulas correspondentes.
Reunión para as familias de 3 anos e de nova incorporación ao centro: Xoves día 5 de setembro ás 11:00h.