Skip to Content

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o vindeiro curso 2018-2019

Para acceder á seguite información, picade aquí enriba da Orde:

No DOG do día 21 de maio de 2018 publícase a ORDE do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19.

O prazo para presentar as solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o venres 22 de xuño de 2018 (este incluído).

Os alumnos/as de 6º de EP, terán que solicitar as axudas no Instituto  no que vaian a cursar os seus estudos de secunadaria.

Con respeto aos vales de libros de 1º e 2ºEP  e os vales de material de 1º a 6º de EP seredes informados da data na que poderedes pasar a recollelos. 

O 12 de xullo, data límite, publicarase unha resolución provisional do fondo solidario de libros de texto que consistirá nunha relación de alumno e libros asignados. A resolución definitiva publicarase o 20 de xullo, data límite, facéndose a entrega dos libros en setembro. A data da recollida de libros  será publicada na páxina web durante o mes de xullo.

As circulares para 1º e 2º de EP e as circulares para 3º,4º,5º e 6º de EP están nos seguintes enlaces. Tamén anexamos o horario do equipo directivo ata o día 21 de xuño de 2018.

AdxuntoTamaño
CIRCULAR - 1º e 2º AXUDAS LIBROS E MATERIAL 2018-2019.pdf106.78 KB
CIRCULAR - 3º, 4º, 5º e 6º - FONDO LIBROS.pdf95.87 KB
HORARIO ATENCIÓN AO PÚBLICO DO EQUIPO DIRECTVO.pdf42.96 KB


page | by Dr. Radut