Skip to Content

Articles

Horario de clases durante o mes de setembro.

Estimadas familias: O horario lectivo durante o mes de setembro é de 09:30hs a 14:30hs. De 14:30hs a 15:30hs será o tempo de comedor para todos aqueles que queiran facer uso do mesmo. Se algunha familia non quere facer uso do comedor durante o mes de setembro, deberá comunicalo ao correo do colexio coa maior antelación posible para poder organizar de forma óptima o servizo tendo en conta o número de comensais previstos. Lembramos que non se permite a entrada de alumnado do centro antes das 09:10hs. A partir de outubro o horario lectivo do noso centro será distinto do que tamén informaremos no seu momento. Un saúdo. O equipo directivo.

Transporte escolar. Curso: 2022-2023

Estimadas familias: Este venres, 2 de setembro publicouse a Addenda á Instrucións conxunta 1/2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, sobre a xestión do Servizo de transporte de escolares no curso escolar 2022-2023. Deixamos no adxunto o documento co texto íntegro. Un saúdo. O equipo directivo.

Proxecto de Xestión Integral de Residuos

Estimadas familias: Durante este curso 2021-2022 levamos a cabo un proxecto de xestión integral de residuos no noso centro. Nos corredores de cada un dos andares hai contedores grandes amarelos e azuis que empregamos para depositar o papel e cartón que xeramos durante a nosa actividade diaria e tamén os envases. Contamos tamén cun pequeno contedor de pilas e baterías que despois se incorpora ás que se recollen na entrada do colexio, posto que somos un dos puntos de recollida de pilas e baterías do Concello de Coristanco que se encarga de xestionar a recollida periódica deste tipo de residuos que tanto contamina.

Plan Dixital

Estimadas familias: Durante este curso 2021-2022, un grupo de mestras do centro elaborou o Plan Dixital. O plan foi aprobado na reunión de Consello Escolar realizada con data 30-06-2022. Adxuntamos o documento para que poidades consultalo. Un saúdo. O equipo directivo.  

Horario de atención ao público

Estimadas familias:

Hoxe  remata o horario de atención ao público, tanto de xeito presencial como telefónico e telemático.

Todas as familias que teñan trámites pendentes, deberán xestionalos a partir do 1 de setembro no horario de atención, que se publicará nesta mesma páxina web.

Un saúdo.

O equipo directivo

Colaboradores de comedor para o curso: 2022-2023

Estimadas familias: Tal e como se recolle na instrución 2/2022, de comedores escolares aquelas persoas interesadas en realizar as tarefas de colaborador de comedor deberán facer constar o seu interese cubrindo o anexo III que está a disposición do centro educativo. Deixamos no adxunto o modelo. Pódese enviar a solicitude cuberta ao enderezo electrónico do centro. Un saúdo. O equipo directivo.

Listaxe definitiva de admitidos de Fondolibros. Curso: 2022-2023

Estimadas familias: Xa está publicada no taboleiro de conserxería a listaxe definitiva de admitidos e excluídos de Fondolibros. Os beneficiarios de vales para libros e/ ou material, xa están dispoñibles para ser recollidos polas familias os días: 12, 13 e 14 de xullo, en horario de 10:00h a 13:00hsIMPORTANTENo caso de que a persoa que veña recoller os vales non sexa nai/pai/titor/titora legal do alumno ou familiares directos, deberán traer unha autorización por escrito da familia indicando os datos identificativos da persoa autorizada.

Resolución provisional Fondolibros para o curso: 2022-2023

 

Estimadas familias: Xa está publicada no taboleiro de conserxería a Resolución provisional de “Fondolibros” para 3º, 4º, 5º e 6º curso de Educación Primaria para o curso: 2022-2023. Tamén dispoñemos da Resolución provisional de axudas para libros e material para o alumnado de Primaria. O período de reclamación é de 2 días desde o día da publicación, o cal remata este xoves, 7 de xullo. Un saúdo. O equipo directivo.

 

 

Horario de atención ao público

Estimadas familias: O horario de atención ao públicopara realizar os trámites de solicitude de transporte (unicamente aquelas familias que teñan aínda pendente presentar a solicitude) e comedor para o curso: 2022-2023  é de 10:00hs a 13:00hs de luns a venres. Estaremos no centro ata o vindeiro venres, 15 de xullo. Lembramos que o prazo establecido para traer os impresos de comedor aboados correspondente ao mes de xuño é o 4 de xullo. Para realizar a solicitude para facer uso do servizo de comedor durante o curso 2022-2023 poden descargarse os impresos a través desta web. Aquelas persoas que o prefiran, poden pasar a recoller o modelo de solicitude no colexio.

Instrución 1/2022 de transporte escolar. Curso: 2022-2023

Estimadas familias: Con data 27 de xuño de 2022 publicouse a Instrución conxunta 1/2022 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, sobre a xestión do servizo de transporte de escolares no curso escolar 2022-2023. Un saúdo. O equipo directivo. 

Horario de atención ao público

Estimadas familias: Durante a semana do 27 de xuño ao 1 de xullo o horario de atención presencial e telefónica é de 09:30hs a 11:30hs.

Se hai variacións no horario de atención durante as seguintes semanas será indicado nesta mesma páxina.

Un saúdo.

O equipo directivo.

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2022-2023

 Prazo de presentación de solicitudes:

 Do 20 ao de 30 de xuño (ambos os dous incluídos), en horario de atención ao público.

 HORARIO DE ATENCIÓN DO 20 AO 22 DE XUÑO (INCLUÍDOS)

 LUNS: 9:35h a 10:20h

 MARTES: 11:25h a 12:00h

 MÉRCORES: 10:30h a 11:15h e de 12:45 a 13:30h

 HORARIO DE ATENCIÓN  DO 23 AO 30 DE XUÑO (INCLUÍDOS).O DÍA 24 É FESTIVO E NON ATENDEMOS

 DE LUNS A XOVES de 9:30h a 11:30h

 Documentación a presentar:

 1.Impreso de matrícula (ANEXO III-1)

 2.Fotocopia dos DNI dos proxenitores ou titores legais

 3.Fotocopia da Tarxeta Sanitaria do/a alumno/a

 4.Certificado médico do/a alumno/a

 5. 2 fotografías do alumno tamaño carnet

 6.De ser o caso, sentencia de separación ou divorcio e/ou convenio regulador

 7.Solicitude de transporte

8.Certificado de empadroamento

9.Cuestionario de lingua materna (UNICAMENTE O ALUMNADO DE 4º CURSO DE E. INFANTIL – 3 ANOS)

Obradoiro de arte urbana e cultura do grafismo

Estimadas familias: O sábado día 25 de xuño, desenvolverase un obradoiro de arte urbana e cultura do grafismo dirixido polo artista Mon Devane dirixido a nenos/as maiores de 11 anos. Xunto co seu equipo, Mon elaborará o deseño e ilustración do edificio que albergará o Ecomuseo da Pataca de Coristanco. A inscrición pode realizarse de forma presencial na Biblioteca Municipal de Coristanco, por teléfono no número 651.664.908 ou ben a través dun correo electrónico a biblioteca@coristanco.gal. Un saúdo. O equipo directivo.

Día non lectivo.

Estimadas familias: Lembrade que o vindeiro luns, día 13 de xuño non teremos clase por ser festivo local no Concello de Coristanco. Un saúdo. O equipo directivo. 



by Dr. Radut