Skip to Content

Articles

Campamento conciliación de verán

Estimadas familias, difundimos esta información sobre o CAMPAMENTO CONCILIACIÓN DE VERÁN:
 
Dáse publicidade á listaxe provisional de persoas admitidas no Campamento de verán 2022 do Concello de Coristanco para promover a conciliación da vida familiar e laboral, así como a listaxe de agarda para realizar os chamamentos nos casos de renuncia dalgunha das persoas admitidas.
Dispoñen dun prazo de 10 días laborais a contar dende mañá para formular alegacións ou presentar renuncias á praza, mediante solicitude disposta para o efecto nas dependencias da Biblioteca pública municipal ou ben mediante descarga na web municipal e remitila por correo electrónico (biblioteca@coristanco.gal).
Para o acceso aos pertinentes anexos: https://www.coristanco.gal/campamento-de-conciliaci

LISTAXE ADMISIÓN PROVISIONAL ALUMNADO CURSO 2022-2023

Con data do 22 de abril,informamos da Publicación da Resolución Provisional de alumnado admitido no centro para o curso 2022-23.

Informamos de que todo o alumnado, tanto de Educación Infantil como Educación Primaria que presentou a solicitude, está admitido e está exposto no taboleiro de conserxería. Aínda así, publicarase a resolución definitiva antes do 15 de maio de 2022 no devandito taboleiro.

Campaña de Campamentos de Verán 2022

Estimadas familias: A continuación publicamos a información que nos fixo chegar hoxe o Concello de Coristanco respecto á Campaña de Campamentos de Verán 2022 na residencia do IES Rosalía Mera. Un saúdo. O equipo directivo. 

Convocatoria de Axudas de Estudos do Concello de Carballo.

Estimadas familias: A continuación publicamos a información que nos fixo chegar hoxe o Concello de Carballo respecto á convocatoria de axudas de estudos para alumnado de 2º ciclo de Educación Infantil e estudos de Grao Elemental ou Profesional no Conservatorio Profesional de Música de Carballo. Curso 2021-2022.

Vacacións Semana Santa 2022

Lembrámosvos que dende o luns 11 ata o luns 18 de abril, ambos os dous inclusive estaremos de vacacións. Vémonos o martes 19 de abril! Un saúdo, O Equipo Directivo

Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2022/2023

Queridas familias: O sábado 10 de marzo publicouse no BOE a nova convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2022/2023.O prazo para presentar as solicitudes é do 30 de marzo ao 12 de maio, inclusive (A presentación realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación

Novas COVID

Estimadas familias: O pasado 1 de marzo de 2022, tras a valoración da situación epidemiolóxica actual por parte das diferentes comunidades autónomas, a Comisión de Salud Pública chegou a un acordo a partir do cal se elimina a recomendación de corentenar aos contactos estreitos a nivel comunitario. 

Axuda a Ucraína de forma eficaz

Estimadas familias: Deixamos aquí o comunicado conxunto sobre a crise humanitaria de Ucraína onde se recollen unha serie de recomendacións para axudar de forma eficaz á poboación do país que tanto está a sufrir desde fai varios días. Un saúdo. O equipo directivo.

Vacacións de Entroido

Estimadas familias: Lembramos que os días 28 de febreiro, 1 e 2 de marzo son días non lectivos este curso e polo tanto non haberá clase. Un saúdo. O equipo directivo. 

Admisión de alumnado para o curso: 2022-2023

Estimadas familias: Este martes, 22 de febreiro publicáronse as instrucións referentes ao proceso de admisión de alumnado para o vindeiro curso: 2022-2023. O prazo establecido pola Consellería de Educación, Cultura e Universidade é do 1 ao 21 de marzo de 2022.

Nova Orde de Avaliación

Estimadas familias: O pasado luns, 14 de febreiro publicouse a nova orde de avaliación pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de Educación Primaria, de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato no sistema educativo de Galicia. Terase en conta para a avaliación do alumnado a presente normativa.

Información - Votacións Xornada Única de mañá

Estimadas familias: A día hoxe xa está exposto o censo para as votacións para a implantación da xornada lectiva en sesión única de mañá no noso centro. O proxecto foi publicado nesta mesma páxina web o 26 de xaneiro.

O censo queda exposto no cristal de entrada, e poderanse presentar reclamacións ao mesmo entre os días 16 e 22 de febreiro, ambos inclusive, no horario de apertura do centro. O modelo para reclamar poderase solicitar en conserxería e pedir cita para tramitalo.

OBRADOIRO MURAL

Estimadas familias: A vindeira semana (dende o día 7 ata o día 11 de febreiro) levarase a cabo un obradoiro no centro que consiste en que o alumnado colaborará cunha pintora para realizar un mural no patio cuberto traseiro do colexio. Achegámosvos unha serie de recomendacións para realizar a actividade. Un saúdo. O equipo directivo.



by Dr. Radut