Estimadas familias: Xa está publicada no taboleiro de conserxería a listaxe definitiva de admitidos e excluídos de Fondolibros. Os beneficiarios de vales para libros e/ ou material, xa están dispoñibles para ser recollidos polas familias os días: 12, 13 e 14 de xullo, en horario de 10:00h a 13:00hs. IMPORTANTE: No caso de que a persoa que veña recoller os vales non sexa nai/pai/titor/titora legal do alumno ou familiares directos, deberán traer unha autorización por escrito da familia indicando os datos identificativos da persoa autorizada.
*Aqueles que NON sexan recollidos nestas datas poderán ser retirados durante os primeiros días de SETEMBRO.
O reparto de libros de préstamo realizarase no mes de setembro.
Un saúdo.
O equipo directivo.