Nos próximos días comezaremos cun novo sistema de comunicación coas familias a través dunha aplicación, que xa teñen moitos centros e que algúns de vós xa tedes descargada : abalarMóvil.
A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, pon a nosa disposición este servizo. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida e tamén de poder comunicarse cos mestres/as dos vosos fillos/as.
Esta aplicación nace no contexto do Proxecto Abalar, un compromiso da Administración galega coa cidadanía galega, no ámbito da integración das novas tecnoloxías na práctica educativa, para acadar unha resposta integral e de futuro aos retos que presenta a educación do noso alumnado na sociedade dixital do século XXI.
As familias que descarguen abalarMóbil van a poder dispoñer das seguintes funcionalidades:
• Acceder aos datos persoais
• Consultar as cualificacións
• Consultar e xustificar as faltas de asistencia
• Consultar as faltas de conduta
• Solicitar unha cita de titoría
• Consultar os datos do centro educativo
• Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
• Consultar as
incidencias creadas polo profesorado
• Modificar o idioma da aplicación
A aplicación abalarMóbil está dispoñible para os pais, nais e titores legais do alumnado matriculado nos centros educativos de Galicia de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos. Tamén poden acceder os estudantes cando son legalmente responsables de si mesmos.
Xuntamos a disposición das familias unha guía, na que se mostran as diferentes funcionalidades e servizos que os representantes legais poden utilizar dende o seu teléfono móbil, e un formulario para realizar consultas ou tramitar incidencias relacionadas coa aplicación abalarMóbil.
Como instalar abalarMóbil?
abalarMóbil é unha aplicación que se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet, e que permite ás familias consultar a información de calquera dos seus fillos a través destes dispositivos.
A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android) de forma gratuíta.
Unha vez que todas as familias a teñades instalada, faremos unha proba dende o equipo directivo enviando algún aviso a través da aplicación . Se todo vai ben, enviaremos os avisos a través desta vía , conxunta por suposto con esta páxina web e cos blogues do cole. E nun futuro cercano ( unha ou dúas semanas) intentaremos estblecer a comunicación coas titorías a través desta aplicación. Para calquera dúbida para a intalación contactade co cole. Grazas e moito ánimo familias!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
guia_familias_-_novo_espazoabalar_galegov2.2.pdf | 4.87 MB |