Onte saíu publicada a Orde do 12 de maio do 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado matriculado en centros públicos para o curso 2020-21.
INFORMACIÓN PÁXINA CONSELLERíA EDUCACIÓN
O prazo para presentar das solicitudes rematará o venres 19 de xuño de 2020 (este incluído).
Podedes acceder ás solicitudes no seguinte enlace e tamén para acceder de modo telemático tal e como se explica na orde e nas circulares.
Tamén podedes recoller as solicitudes na conserxería do centro. Os alumnos/as de 6º de EP, terán que solicitar as axudas no Instituto no que vaian a cursar os seus estudos de secunadaria. As circulares con toda a información para 1º e 2º de EP e as circulares para 3º, 4º, 5º e 6º de EP están nos enlaces adxuntos . Nestas circulares figara o horario do equipo directivo para entregar a documentación.
NOVIDADE : Este ano, debido ás circuntancias excepcionais que estamos a vivir e por recomendación da Consellería de Edicación e decisión do Equipo Directivo do cole, a entrega de solicitudes presenciais farase, na medida do posible, de modo organizado e escalonado para evitar aglomeracións no centro . Rogamos que quen poida veña cos anexos cubertos e asinados por ambos proxenitores sempre que sexa posible. De non poder imprimir os anexos , podedes recollelos no centro previa cita telefónica, para poder traelos debidamente cubertos o día que se vos cite.
PARA O ALUMNADO DE 3º A 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: O mesmo día que vos toque entregar a solicitude, debedes facer a devolución dos libros de texto que teñades na casa , sempre que sexan libros do fondo solidario ou que querades donalos ao fondo solidario . Tamén debedes devolver os libros da biblioteca que teñades en préstamo nas casas. Ese mesmo día levaredes o material que tedes no cole e que os titores/as facilitaranvos.
PARA O ALUMNADO DE 1º e 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: O mesmo día que veñades a entregar a solicitude , levaredes todo o material que vos corresponde: libros de texto, libretas, etc. Debedes devolver os libros da biblioteca que teñades en préstamo nas casas .
Serán os propios titores/as os que vos chamen para darvos a cita. Rogamos estedes atentos aos teléfonos.
PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL: Ás familias de Educación Infantil tamén seredes avisadas para que recollades o material que as mestras consideren oportuno.
Rogamos puntualidade nas citas, esperar detrás da liña marcada ata que vos avisemos e na medida do posible vir unha persoa por familia. Moitas gracias pola vosa colaboración. O equipo directivo.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
CIRCULAR 1º E 2º EDUCACIÓN PRIMARIA .pdf | 809.6 KB |
CIRCULAR 3º,4º, 5º E 6º EDUCACIÓN PRIMARIA.pdf | 840.47 KB |