Premios Novoneyra 2016.

A continuación mostrámosvos todos os premiados no concurso Novoneyra 2016 adicado a nosa cidade Vigo. Noraboa a todos.

 

Enriquecemos con realidade aumentada os poemas de Manuel María.

Con motivo das letras galegas, e para traballar a figura de Manuel María e a súa obra, levouse a cabo unha tarefa no centro que tiña como obxectivo enriquecer con realidade aumentada o libro Canta o cuco. Neste libro se recollen poemas que alumnos, dende 3 anos ata quinto de primaria,  leron e recitaron de forma compartida.

Visita a policía.

Os alumnos e alumnas de 4 anos visitaron a xefatura da policía local de Vigo onde puideron coñecer da man dos policías a importante labor que realizan para manter a orde na cidade. 

Excursión a Alazán.

Os nenos e nenas de 3 anos de infantil, os máis peques do cole, foron de excursión a Alazán, onde puideron montar a cabalo e coñecer todo sobre estes fermosos animais.



Exposición de instrumentos musicais.

No corredor principal da planta baixa do edificio de primaria está instalada unha exposición de instrumentos musicais feitos con elementos de refugallo, que foi realizada polos alumnas e alumnos de 6º. 

Axudas de libros

Publicada a ORDE do 27 de abril de 2016 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado de educación primaria
 OLLO: prazo de presentación de solicitudes ata o 23 de xuño de 2016 (incluído)

Teatro negro: "Pérez Gómez, e a casa encantada".

Os alumnos e alumnas de 6º de educación primaria interpretaron unha obra de teatro negro creada por Ruth Bernárdez e titulada: "Pérez Gómez, na casa encantada".

O alumnado de 6º ofreceu un espectáculo incríble que puideron disfrutar todos os alumnos do cole. Como sempre foi moi importante a colaboración de Rogelio e de Carmen, así como a axuda de Ana e Rosa (encargadas do comedor) e o equipo docente do cole. Todo isto dirixido por Bea, a profe de música do centro, que como sempre, conseguíu sacar o mellor de todos os seus alumnos.

 

Merendamos leituga da nosa horta!

Onte venres, os alumnos e alumnas de infantil incluíron nas súas merendas follas de leituga que plantamos no nosa horta escolar. Xa fora en bocadillo, sandwich ou soa, puideron disfrutar deste vexetal tan san.

Para ver máis fotos pasade polos blogues de aula de infantil.

 

Enquisas sobre a biblioteca.

Xa é posible participar na mellora do noso plan de biblioteca, para poder contribuír só tedes que cubrir a seguinte encuesta:

- Para as familias.

- Para os alumn@s.

Animádevos e participade!!

Distribuir contido

Back to top