Festa do Samagostín 2016

O xoves 3 de novembro celebramos a nosa festa do Samagostín, podedes ver nas fotos que ben o pasamos!
 
 
Nos próximos días iremos subindo fotos do photocall e outras actividades. Podedes descargar as fotos aquí.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2016

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2016

 

 

Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de

Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para

a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con

fondos públicos (DOGA do 4 de outubro de 2016)

 

INFORMÁMOSLLES  QUE NOS ARQUIVOS ADXUNTOS FARASE O SEGUIMENTO

DO PROCESO ELECTORAL

 

1.- PUBLICACIÓN DO CALENDARIO DE ACTUACIÓNS PARA AS ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DA

C0MUNIDADE EDUCATIVA NO CONSELLO ESCOLAR

2.- RESULTADO DO SORTEO DA XUNTA ELECTORAL

3.- PRIMEIRA ACTA DE CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL COA APROBACIÓN DO CALENDARIO

DE ELECCIÓNS E A PUBLICACIÓN DOS CENSOS ELECTORAIS

4.- SEGUNDA ACTA DE CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL:

-Proclamación pública das candidaturas presentadas polos diferentes sectores: Familias, profesorado e persoal de servizos

-Sorteo da mesa electoral do sector de pais/nais do alumnado

5.- CANDIDATURAS PRESENTADAS POLOS REPRESENTANTES DO SECTOR DAS FAMILIAS DO

ALUMNADO

6.- CIRCULAR INFORMATIVA PARA AS VOTACIÓNS DOS REPRESENTANTES DO SECTOR DAS

FAMILIAS DO ALUMNADO.

 

DÍA DA VOTACIÓN: MARTES, 29 DE NOVEMBRO

 

HORARIO: De 8:45 a 10:00, de 13:30 a 14:30 e de 16:00 a 18:00

teñen dereito a votar todos os pais, nais ou titores legais do alumnado

matriculado no centro que figuren no Censo electoral aprobado  pola Xunta

Electoral

Nas papeletas de votación marcarán unha soa das candidaturas

 

Os votantes deberán acreditar a súa identidade mediante a exhibición do D.N.I.

ou documento similar

 

7.- ACTAS DE ESCRUTINIO DAS DIFERENTES MESAS ELECTORAIS

8.- ACTA DA XUNTA ELECTORAL COA PROCLAMACIÓN E PUBLICACIÓN DAS

CANDIDATURAS ELECTAS

 

REPRESENTANTES ELEXIDOS NAS VOTACIÓNS NOS DIFERENTES SECTORES:

 

           a) Profesorado: 

            - Don Rubén Molinero Malvido

            - Dona Paula Montero González

            - Dona María Mónica Nieto Fernández

 

           b) Pais/Nais do alumnado:

            - Dona María del Carmen García Riveiro

            - Dona Olaya Sandoval García

 Faise constar que a representante do sector de familias do alumnado, Dona Elena Rodríguez Carracedo corresponde á proposta feita pola ANPA do Colexio de acordo co establecido no artigo 39 do Decreto 74/1996, do 17 de outubro.

 

             c) Persoal de administración e servizos:

   - Rubén Alonso Nogueiras

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Samagostín 2016!

O vindeiro xoves 3 de novembro celebraremos o noso Samagostín e todo o cole está preparado para a festa.

Pinchade na imaxe para ver a montaxe!

 

SAMAGOSTÍN INFORMACIÓN

 

 

TELEBALAÍDOS INFORMA

                 

BALA TV from Ceip Balaídos on Vimeo.

A biblioteca abre as súas portas!!!

Este próximo mércores 26 de outubro a biblioteca abre as súas portas. Os alumnos/as poderán visitala para estudar, coller libros emprestados ou lelos alí. Sempre acompañados por un adulto.

Non dubidedes en pasar por alí!.

No blogue da biblioteca "O recuncho de Xoán" podedes seguir todas as novidades que teñen que ver coa biblioteca, así como con normalización. Podedes ver as fotos das actividades que propoñen. Nel podedes ver as fotos do acto que fixeron o día 24 de outubro para celebrar a inauguración da bliblioteca.

O blogue de normalización pasa a fusionarse co blogue da biblioteca.

O Samagostín retira os balóns do patio.

Dende hai moitos anos xogamos no día do magosto e en clase de educación física ao xogo tradicional, pero nunca adicaramos tantos recreos. Por primeira vez o alumnado do cole poderá vivenciar no recreo unha chea de xogos tradicionais. Esta actividade durará uns 15 días e ten como obxecto divulgar as manifestacións lúdicas do noso patrimonio inmaterial e impulsar as tradicións dende un punto de vista didáctico e interxeracional. Presidido, como acontece dende hai 36 anos en Balaídos, polo xogo rei: O TROMPO.

 

Achégase o Samagostín!!

O próximo xoves 3 de novembro celebraremos o noso SAMAGOSTÍN. Este ano as portas das nosas aulas serán do máis arrepiante!! Os actos serán presididos por dúas castañas chamadas Hermenexilda e Casilda. As familias colaborarán este ano facendo unha caixa porta castañas terrorífica! Nos próximos días iremos dando máis información sobre estas e outras tarefas que terán lugar.

Recursos para Samaín.

- Pinchade na imaxe para acceder ao Symbaloo con xogos e apps para iPad.

Enquisa para elaborar o Plan Lingüístico.

 

Estamos a elaborar a revisión do plan lingüístico do noso centro, por eso pedimos as familias que colaboren cubrindo a seguinte enquisa.

É totalmente anónima e non vos levará máis dun par de minutos.

Moitas grazas por colaborar!

- Enquisa infantil para familias de E. Infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de E. primaria.

- Enquisa infantil para familias de 5º e 6º de E. primaria.

Aviso importante sobre os números de teléfono.

O novo teléfono do centro para que as familias poidan dar avisos importantes ou facer consultas é o 886111084.

O despacho de orientación tamén ten novo número de teléfono: 886111081.

Distribuir contido

Back to top