Festiletras 2017.

Un ano máis, para pechar o mes das letras galegas celebramos na última semana de maio o noso Festiletras, onde nenos e nenas de infantil e primaria realizan diferentes actuacións na que empregar en potencian o uso da nosa lingua galega. Este ano tivemos bailes, cancións, poesías, raps e obras de teatro. Por mor dos dereitos de imaxe non podemos colgar todas as actuacións na web.

Grupos A: 5 ANOS A2º A4º A5ºA6ºA, 6ºA, 6ºA, 6ºA

GruposB : 5 ANOS B1º B2º B3ºB4ºB5º B6º B

Despois das actuacións tivo lugar a entrega dos premios literarios Novoneyra.

Un soño máxico. Obra de teatro negro.

Un ano máis, como xa é costume no centro celebramos o día do Teatro Negro. O alumnado de 6º de Educación Primaria representaron a obra “O soño máxico” de Ruth Bernárdez. Moitos parabéns para os nenos e nenas de 6º EP pola súa gran interpretación que foi froito do gran traballo realizado durante moitos días, todos os alumnos do cole disfrutaron moito vendo o resultado final.

Agradecemos a colaboración da posta en escea de Rogelio, de Carmen e axuda de Rosa e Yolanda (encargadas do comedor), así como o equipo docente do cole.

Foi dirixido pola mestra de música Bea. Grazas a ela conseguiron levar a bo término unha obra de gran dificultade, xa que na obra empregaron as figuras do xogo do Tangram.

De Balaídos ao mundo. Proxecto de centro.

Este ano 2017 está adicado ao turismo sostenible e para traballalo os distintos equipos do centro (normalización, TICs e biblioteca) deseñaron unha actividade consistente  na realización dunha exposición de carteis interactivos. Cada cartel está adicado a un país e consta de realidade aumentada, fotografías de 360º e referencia a un libro da biblioteca do centro. Para máis información visitade a páxina web adicada ao proxecto pinchando na imaxe.

Vigo recicla visita a nosa escola!

Hoxe tivemos unha visita moi especial: Dinoseto e Dinosetiño. Eles son os protagonistas da campaña que FCC e Contenur levan a cabo en distintos centros educativos para amosar aos alumnos e alumnas de primaria a importancia de reciclar e manter a cidade limpa. 

Día da familia!

Hoxe 15 de maio celébrase o día da familia. Distintas clases de educación infantil e primaria fixeron manualidades para conmemorar este día tan fermoso.

VISITA DO ESCRITOR IAGO LÓPEZ

No segundo trimestre estivemos a ler o conto "O cociñeiro Martiño" e hoxe, os alumnos e alumnas de 2º de Educación primaria, tivemos unha visita moi especial, o escritor Iago López.

Chegou cunha caixa misteriosa á clase e díxonnos que nos ía contar un conto... Non máis comezar ao escoitalo soubemos que se trataba do "Cociñeiro Martiño" e moi atentos iamos vendo como o conto cobraba vida e, incluso, algúns dos nosos compañeiros formaban parte del.

Despois con moita paciencia respondeu as nosas dúbidas.

A verdade é que foi unha experiencia estupenda e moi divertida.

Grazas Iago López!!

   

VII Concurso Escolar “Cuidamos el Medio Ambiente”

Este curso, entre as clases de Ciencias Naturais e Valores, co alumnado de 5º de primaria concienciámonos da necesidade de coidar o noso medio ambiente.

Entre proposta e proposta xurdíu a idea de presentarse a este concurso: VII Concurso Escolar “Cuidamos el Medio Ambiente”.

O VII Concurso Escolar “Cuidamos el Medio Ambiente” ten como fin EDUCAR, MOTIVAR e CONCIENCIAR aos nenos e nenas na conservación do Medio Ambiente, para un futuro máis limpo e sostible.

É un concurso, a nivel nacional, dirixido a alumnos de Educación Infantil, Primaria e Especial.

Neste concurso, o mestre guiará aos seus alumnos na realización dun traballo en equipo: un mural, un collage, un relato ilustrado, unha colección de fotografías comentadas, un vídeo ou cualquera outro traballo creativo baixo o lema “Coidamos o Medio Ambiente”. 

Estas son os traballos que se presentaron: un mural por clase cada un coa súa proposta para coidar o medio ambiente:

Saída a Baiona

O pasado martes, día 9 de maio, o alumnado de 5º participou nunha saída á vila de Baiona.

Visitaron o casco histórico e a réplica da carabela "A Pinta".

Se queredes ver as fotos, clicade neste enlace: 

http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d112453252k3865856o1l1/sada-a-baiona

Visita de Nati Natillas.

Hoxe tivemos a visita Nati Borrajo ou tamén coñecida como Nati natillas. Esta dramaturga, escritora e actriz contounos visitou primeiro aos alumnos de 4 e 5 anos aos que lles contou a historia de Pingui, unha gota moi aventureira que correu moitas aventuras! Máis tarde alumnos e alumnas disfrutaron con ela de outra actividade relacionada co libro que leron na clase La geometría del faraón.

ADÍASE A QUEDADA LITERARIA DE CASTRELOS

Como xa informamos nunha circular, a Quedada Literaria prevista para mañá en Castrelos e na que íamos participar 6ºINF, 1º, 3º e 4º PRI con outros coles de Vigo para celebrar o Día das Letras Galegas e animar á lectura, adíase polas malas previsións meteorolóxicas. Se o tempo o permite farémola o MARTES 23, servindo a mesma autorización asinada que xa entregáchedes aos titores/as.

Sentimos as molestias causadas e agradecemos a vosa comprensión.

 

 

 

 

Distribuir contido

Back to top