Un soño máxico. Obra de teatro negro.
Un ano máis, como xa é costume no centro celebramos o día do Teatro Negro. O alumnado de 6º de Educación Primaria representaron a obra “O soño máxico” de Ruth Bernárdez. Moitos parabéns para os nenos e nenas de 6º EP pola súa gran interpretación que foi froito do gran traballo realizado durante moitos días, todos os alumnos do cole disfrutaron moito vendo o resultado final.
Agradecemos a colaboración da posta en escea de Rogelio, de Carmen e axuda de Rosa e Yolanda (encargadas do comedor), así como o equipo docente do cole.
Foi dirixido pola mestra de música Bea. Grazas a ela conseguiron levar a bo término unha obra de gran dificultade, xa que na obra empregaron as figuras do xogo do Tangram.