LISTAXE PROVISIONAL DO ALUMNADO BENEFICIARIO DO FONDO LIBROS 2017/2018

 

PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE BENEFICIARIOS DO FONDO DE LIBROS DO VINDEIRO CURSO ACADÉMICO 2017/2018

 

A LISTAXE ESTÁ ORDEADA POR CURSO E POR APELIDOS DO ALUMNADO

TODOS OS SOLICITANTES TEÑEN 3 DÍAS DE PRAZO PARA FACER RECLAMACIÓNS ( ATA XOVES 6 de XUÑO )

OS BENEFICIARIOS CON 6 LIBROS NON TEÑEN QUE MERCAR NINGÚN, SÓ DEBERÁN MERCAR O CADERNO DE INGLÉS ( ACTIVITY BOOK )

O ALUMNADO CON MENOS LIBROS TERÁ QUE AGARDAR A LISTAXE DEFINITIVA PARA CONFIRMAR OS LIBROS ADXUDICADOS.

OS SOLICITANTES PODEN CONSULTAR A LISTAXE NO ARQUIVO ADXUNTO.

 

NOTA IMPORTANTE: LEMBRÁMOSLLES QUE O ALUMNADO RECIBIRÁ OS LIBROS AO COMEZO DE CURSO

 

LISTAXE LIBROS DE TEXTO NOVO CURSO 2017/2018

 

PUBLICACIÓN DA LISTAXE DOS LIBROS DE TEXTO

PARA O NOVO CURSO 2017/2018

 

PODEN CONSULTAR AS LISTAXES NO ARQUIVO ADXUNTO

Reunión para as familias dos alumnos novos de infantil.

O próximo venres día 30 de xuño as 10 da mañá terá lugar no edificio de infantil unha reunión para as familias dos nenos e nenas que empezarán en setembro o próximo curso 2017 - 2018. Nesta reunión os titores explicarán aspectos referentes ao periodo de adaptación e resolverán dúbidas sobre a nova etapa que comezarán os peques. Esperámosvos!!

Festa de fin de curso 2017

Chegou o último día de curso e para celebralo fixemos unha gran festa! Música, xogos de auga, obradoiros de pulseiras, chapas, brochetas de froita e moito máis!! Unha mañá moi divertida para despedir este curso 2016 - 2017.

Podedes ver máis fotos do ben que o pasamos premendo aquí.

 

Instrumentos musicais.

Un ano máis os alumnos e alumnas de sexto construíron instrumentos musicais empregando elementos de refugallo. Menudos artistas! Podedes disfrutar desta exposición no corredor principal, xusto diante da biblioteca.

O blogue "XOGANDO ONTE E HOXE" ofrece NOVOS VIDEOTITORIAIS do alumnado de 1º de Primaria

Xa podedes ver os novos videotitoriais que ofrece un dos nosos blogues, froito da colaboración entre as Áreas de Educación Física e Educación Musical. Neles tendes unha mostra de cómo a creatividade do alumnado se pode convertir en protagosnista na docencia de xogos tradicionais (e mesmo xogos inventados, tomando como referencia outros coñecidos).

Deixámosvos catro exemplos (fai clic):

- 2 xogos tradicionais:

XOGO da PETANCA 

PAÑUELITO

- 3 xogos inventados ou recreados:

UN BARQUITO

MARGARITA TIENE UN GATO

¿GATO OU GATA?

 

O COLEXIO ENCHEUSE HOXE DE MALETAS_O alumnado de 6º nivel foise a Manzaneda (Ourense)

Un curso máis, 40 alumnos de sexto, sairon esta mañá en dirección a Cabeza de Manzaneda.

É para eles e elas, a saída escolar máis agardada, pola cal traballaron coa venda de diferentes artigos neste curso escolar.

A convivencia "fóra da casa" é o principal obxectivo. Xorden novos lazos de amizade e comproban que o ámbito formal das aulas, ás veces non é extrapolable ao día a día. Van ser tres días, de seguro, inesquecibeis para todos e todas.Unha despedida tras tantos anos de travesía no mesmo barco, mantendo proa firme malia escorarse a estribor uns días e a babor, outros.

Con eles e elas están en Manzaneda tres docentes: as titoras e o director do colexio. O cal é de agradecer!

Boa estadía!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

SEGUIREMOS A INFORMARVOS!

ALGUNHA FOTO NESTE ENLACE: 

 https://drive.google.com/open?id=0B2PTo-2-jIjxOE5XRmxBbTRWUnc

Caderno Novoneyra 2017.

No Festiletras repartíronse os premios aos ganadores do certame literario Novoneyra. Aquí tedes o caderno onde recopilamos todas as creacións dos alumnos e alumnas. 

 

Formas de goberno ao longo da historia española

 

Para ir rematando o curso de forma máis divertida e gratificante o alumnado de sexto, realizou unha tarefa para coñecer feitos dos séculos XIX e XX. 

Este é o resultado das súas pescudas sobre as distintas formas de goberno na España dalqueles tempos.

A MONARQUÍA PARLAMENTARIA from Ceip Balaídos on Vimeo.

A CONSTITUCIÓN 1812 from Ceip Balaídos on Vimeo.

A MONARQUÍA ABSOLUTA from Ceip Balaídos on Vimeo.

A DITADURA from Ceip Balaídos on Vimeo.

Simulacro de incendios.

Hoxe celebramos o simulacro anual de incendios. Todos o centro reaccionou moi ben, desaloxando o edificio de primaria e infantil nun tempo record. Como parte do simulacro tamén participaron os bombeiros, que coa súa presencia fixeron as delicias de todos os alumnos do centro.

 

Distribuir contido

Back to top