Seccións Bilingües en 1º de Primaria.

O noso centro está barallando a posibilidade de levar a cabo seccións bilingües en plástica en 1º e 2º de primaria para o próximo curos 20-21.

Están achegados a continuación os diferentes documentos con toda a información relacionada con este proxecto.

Emociomartes de marzo.

No mes de marzo o alumnado de ed. Infantil e 1º de EP a través de test lúdicos segue  a traballar na identificación das diferentes emocions para favorecer a empatía. Tamén realizou  a RULETA das EMOCIÓNS.  Tras o visionado de diferentes situacións os alumnos colocaron cada un na súa Ruleta a emoción a que se refería..
O alumnado de 2º a 4º este mes traballou a empatía e  a asertividade como camiño para a prevención de conflitos, así traballamos o que é un conflito, como xurde e a resolución dos mesmos.
Realizaron test lúdicos para comprobar si se comunican ou non de xeito asertivo. Viron os diferentes estilos de comunicación que empregamos :Pasivo, agresivo, asertivo. Practicaron cómo responder de forma asertiva e os pasos a seguir para resolver conflitos .
O alumnado de 5º e 6º continúa co traballo na resolución de conflitos, fomentando a empatía e a comunicación asertiva.

OS PERIGOS DE INTERNET

Nestes días o noso alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria recibíu a visita da Policía Nacional (do Departamento de Participación Cidadá) para recibir unha charla sobre os perigos de internet.

Tanto alumnado como ponentes saíron moi contentos coa experiencia que, a ben seguro, repetiremos para o vindeiro curso.

É moi importante que as familias esteades atentas a este tema e por iso facilitámosvos esta información a través de carteis e materiais elaborados por especialistas a este fin.

 

Neste enlace podedes consultar un pequeno libro con consellos para evitar o ciberacoso e o mal uso de internet. Clicando aquí descargaredes unha "Guía para padres sobre el uso seguro de videojuegos por menores"

Enquisa Educonvives

Enquisa de diagnose da convivencia 2021

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade pon en marcha a III macroenquisa de diagnose da convivencia 2021 dirixida ao conxunto da comunidade educativa galega (profesorado, alumnado a partir de 5º de primaria, persoal non docente e familias). O prazo está aberto desde o 12 ata o 29 de abril, ambos incluídos. Esta acción enmárcase dentro da futura Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2021-2025.

Esta recollida de datos faise mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónima, a través da aplicación convivenciaxestion.

Documentos informativos:

As familias recibirán un escrito coas claves de acceso e as indicacións precisas sobre como actuar.

Acceso ás enquisas:

 

 

INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO INTERESADO NO SERVIZO DE COMEDOR VINDEIRO CURSO

in

 

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS INTERESADAS NO SERVIZO DE COMEDOR PARA O VINDEIRO CURSO ACADÉMICO

 

O SERVIZO DE COMEDOR É XESTIONADO EXCLUSIVAMENTE POLO AMPA DO CENTRO

 

DEBERÁN FACER A SOLICITUDE DE INSCRICIÓN NO LOCAL DO AMPA DO CENTRO EN HORARIO DE 9:15 A 9:45 HORAS COA MAIOR BREVIDADE POSIBLE

 

NO CASO DE NON PODER FACELO NESE HORARIO DEBERÁN POÑERSE EN CONTACTO A TRAVÉS DO CORREO ELECTRÓNICO: ampabalaidos@gmail.com

A TRAVÉS DESTE CORREO ELECTRÓNICO PODERÁN CONSULTAR CALQUERA DÚBIDA QUE TEÑAN AO RESPECTO OU TAMÉN PODEN CONSULTAR A PÁXINA WEB DA AMPA

ampabalaidos.wordpress.com

Parentalidade positiva

in

Dende Cruz Vermella infórmannos do seu proxecto “ Apoio á parentalidade positiva” o cal ten como finalidade apoiar ás familias con menores de idade ó seu cargo nas súas funcións de crianza e socialización ó longo do seu ciclo vital. Fortalecendo ás familias para que as necesidades e os dereitos da infancia sexan satisfeitos, e para fomentar o goce de relacións familiares positivas que permitan o desenvolvemento dos seus membros. 

 

 
Dito proxecto financiado pola Xunta de Galicia, terá unha aplicación de carácter práctico. A modalidade de realización será de xeito virtual, contando cun total de 4 talleres que se realizarán a través da ferramenta Teams 

 

Para máis información podedes contactarnos nos seguinte mails:arosa@cruzroja.es, pontevedra@cruzroja.es ou ben no teléfono: 986 512 244. 

 

Benvidos ao CEIP BALAÍDOS

Benvidos á nosa escola! Neste vídeo poderedes ver todo o que facemos nela e o ben que o pasamos. Somos un centro de Educación Infantil e Primaria de liña dúas, con 18 unidades en total, dende 4º de Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria. Ademáis de todas as ensinanzas recollidas na lei no noso centro levamos a cabo diferentes proxectos e iniciativas que complementan o traballo que se fai nas diferentes áreas e materias. Cabe destacar o proxecto de Educación Emocial para axudar a desenvolver alumnado emocionalmente competente, diferentes proxectos relacionados co uso da tecnoloxía educativa como Edixgal en 5º e 6º ou o proxecto de Introducción da robótica en Infantil e Primaria. Tamén son moi relevantes proxectos relacionados co fomento da vida activa, como os patios dinámicos ou a milla diaria, así como proxectos de horta escolar relacionados co coidado da natureza.

Neste vídeo poderedes ver unha pequena mostra da gran familia que somos no CEIP Balaídos.

CELEBRAMOS O ENTROIDO!

O venres 12 de febreiro celebramos no cole a festa do Entroido!

Este ano seguindo o tema "Superheores e superheroinas na pandemia" fixemos cos nosos disfraces un homenaxe a tantas persoas e colectivos que nos fixeron e están a facer máis levadeira esta pandemia, polo que o cole encheuse de superheroes e superheroinas, bombeiros e bombeiras, policías, traballadores de supermercado, hosteleiros e hosteleiras, repartidores e sanitarios e sanitarias.

Para cumprir o protocolo e todas as precaucións dividimos o desfile, primeiro desfilaron os grupos A e despois os B, coas súas zonas delimitadas para gozar del. Non podemos esquecer o noso presentador, que con moito agarimo e entusiasmo ía comentando, animando e dando comezo a cada desfile.

Queremos compartir con vos ese día, xa que este ano non puidestes facernos compaña.

Para ver as fotos, só tedes que clicar aquí e levaravos a nosa galería (que tamén a podedes atopar na marxe superior dereita desta páxina). 

 

                          DESFILE DOS GRUPOS A

 

 

                                                                                                           DESFILE DOS GRUPOS B

 

 

 

 

 

 

 

 

CALENDARIO MATRÍCULA 2021-2022

 

PUBLICACIÓN DO CALENDARIO DE MATRÍCULA PARA O VINDEIRO CURSO 2021-2022

 

ADMISIÓN ALUMNADO NOVO NO CENTRO

ALUMNADO PARA O VINDEIRO CURSO

PRAZO DE SOLICITUDES DO 1 AO 22 DE MARZO

 

PROCESOS

PRAZOS

DOCUMENTACIÓN

PUBLICACIÓN DE VACANTES

ANTES DO 1 DE MARZO

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN ( ALUMNADO DE FÓRA DO CENTRO )

1-22 de MARZO

ANEXO II MODELO ED550B

Fotocopia do D.N.I. ou libro de familia do alumnado

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS

ANTES DO 25 DE ABRIL

 

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS

ANTES DO 15 DE MAIO

 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA ( PARA ALUMNADO DE RESERVA E DE ADMISIÓN )

20-30 DE XUÑO

ANEXO III-1

Documentación solicitada polo centro

 

NOS ARQUIVOS ADXUNTOS PODEN CONSULTAR A INFORMACIÓN

XUIZO DO MECO CORONAVIRUS

No colexio Balaídos temos ben claro que a pandemia do coronavirus non ten porque amolar ás nosas nenas e nenos. Cumprimos protocolos, pero adaptamos as festas e tradicións celebrándoas dun xeito distinto co obxectivo de que estean presentes, algo diferentes... pero presentes.

Cada mes de febreiro chegaba e chega ao cole o TEMPO DE ENTROIDO presidido sempre polo MECO, un boneco que representa case sempre o “malo e ruín vivido ao longo do ano anterior”.

Nesta ocasión non había dúbida, era doado escoller! Non si?

Por iso o noso Meco é o Coronavirus, que xa nos fixo vir desde setembro coa incómoda máscara posta, e nesta semana, aínda por riba, mandounos traer: zapatos cambiados, cousas en cintura e pescozo,...

Por todo iso, foi xulgado no XUÍZO DO MECO polo alumnado de 6º de EP, como xa é tradición desde sempre, que diante da imposibilidade de facelo no patio coma noutrora argallouse unha videomontaxe na que tamén participaron todas os grupos de Infantil e Primaria, a fin de coñecer a súa opinión para sentencialo á QUEIMA ou salvalo.

Ah! Que estades a pensar? Que vos gustaría velo? Pois.... tendes sorte! Aquí vos deixamos o video. Desexamos que gostedes del!

  

 

Esquecíamos de dicirvos que o venres 12 de febreiro, sairemos ao patio coma un ENTROIDO calquera, cos nosos disfraces de homenaxe a tantas persoas e colectivos que nos fixeron e están a facer máis levadeira esta pandemia. Sentimos que neste ano non poidan facernos compaña AS FAMILIAS (nais, pais, avós e avoas) para gozar do desfile e do xuízo do Meco.

De todos os xeitos, xa vos informaremos de como resultou todo.

Os nosos nenos e nenas van ter ENTROIDO  no COLE! Iso é o que realmente importa, verdade?

 Apertas e VIVA O ENTROIDO!!!!!

Distribuir contido

Back to top