XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA AS FAMILIAS DE NOVA MATRICULACIÓN

INFORMAMOS DE QUE O DÍA 8 DE FEBREIRO ORGANIZAREMOS A XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA AQUELAS FAMILIAS QUE QUEIRAN MATRICULAR AS SÚAS CRIANZAS NO NOSO CENTRO.

CHAMA AO TELÉFONO 886111080 E PIDE CITA

 

BADALADAS 2022

O último día de clase celebramos o FIn de Ano, con badaladas, gusanitos/uvas, moita ilusión, e respetando os grupos burbulla e as medidas COVID, pero pasámolo xenial!!!

 

FELICES FESTAS!!!

Todo o persoal do Ceip Balaídos deséxavos unhas felices festas!!!

E esperamos que disfrutedes desta panxoliña que preparamos para todos vos.

   

CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro conmemórase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
 
Para conmemorar esta data @s alumn@s realizaron, entre todos nas súas aulas, un mural no que reflexionamos sobre o que facemos nas seguintes situacións:
 
 "Se me queres..." e "Se me queres, non..." 
 
Para rematar, colocamos todos os nosos murais no corredor principal do colexio, mostrando o noso apoio e loita contra a violencia de xénero.
 
Aquí deixamos a mostra do traballo realizado:
 
  

SAÍDA AO MUSEO LISTE

O mércores 24 de Novembro os nenos e nenas de 4º de Primaria fomos ao Museo Liste a un obradoiro de instrumentos musicais tradicionais. 

 

 

 

EMOCIOMARTES

Iniciamos este novo curso escolar 2021-22 coa formación na identificación e xestión emocional co noso alumnado.

Como a situación pandémica permítenos facelo, realizaremos actividades máis vivenciais e gráficas. O traballo será  compartido entre a familia e a escola.

En Educación infantil traballamos a identificación das emocións no xesto, no corpo e en diferentes situacións.

En Educación Primaria, como novidade elaboraremos unha Libreta de Ferramentas Emocionais individual.

Empezamos o traballo co AUTOCOÑECEMENTO: elaboramos o noso DNE (documento Nacional Emocional), a historia do noso nome. e actividades de autoconcepto e cohesión grupal.

 

Eleccións ao consello escolar 2021.

Na reunión do 2 de novembro a Xunta Electoral acordou o seguinte calendario electoral:

1. A partir do venres 5 de novembro estarán expostos os censos. Poden facerse reclamacións ata o 12 de novembro.

2. Presentación de candidaturas ata o día 15 de novembro, na secretaría do centro.

3. O sorteo público das persoas compoñentes da mesa electoral será o 16 novembro ás 9:00.

4. As votacións celebraranse o martes día 23 de novembro de 9:00 a 10:00 de 13:00 a 14:00 e de 16:00 a 17:00.
Contamos coa participación de todos os membros da comunidade educativa.!!

Festa de Samagostín 2021

Un ano máis o noso cole encheuse de monstruos e seres arrepíantes comendo castañas e bailando ao son da música.

Samagostín 2021

Mañá xoves 28 de outubro celebraremos o noso tradicional Samagostín!!!

Distribuir contido

Back to top