Xa xogamos todas e todos no noso patio dinámico!

O alumnado de 3º, 4º, 5º, e 6º comezou a xogar no patio o pasado luns, como xa o facían as compañeiros e compañeiros de primeiro ciclo e infantil. Atrás quedan meses de restriccións por causa do covid. Agardemos que este respiro sexa o definitivo. Para o segundo e terceiro ciclo, a Comisión de Patios Dinámicos oferta un total de 22 xogos distribuidos en catro zonas, que se turnan cada día da semana.
Por fin reiniciamos en certa medida, cun dos proxectos máis valorados polo noso alumnado: PROXECTO DO XOGO EN TEMPO DE RECREOS.

A reconquistiña!

O día 24 febreiro o alumnado de segundo de primaria participou na Reconquistiña. Tocamos os tambores, percorrimos o Casco Vello e merendamos a ritmo de música! Que ben o pasamos!

8 DE MARZO DIA DA MULLER TRABALLADORA

Hoxe, 8 de marzo, día da muller traballadora, dende o Ceip Balaidos queremos homenaxear esta data facendo a nosa representación dunha imaxe icónica deste día:

 

Aquí está o noso video:

EVA CASAIS

Este ano traballamos no cole á ilustradora Eva Casais. Hoxe tivemos a sorte de que veu visitarnos e levou a cabo o mural que nos fai na fachada do cole. Baixamos en tandas para facernos unha foto con ela diante do mural que ela comezou e que rematarán os alumnos do cole. Vai quedar espectacular!!!!

 

ENTROIDO 2022


O pasado venres 25 de febreiro celebramos no cole o desfile de entroido. Debido á situación sanitaria foi só para o alumnado, pero puxéronlle as mesmas ganas e ilusión.

Para respectar a normativa vixente fixémolo en dúas quendas, así o meco tivo dous xuizos e acabou destruído en ámbalas dúas ocasións. 

Esperemos que disfrutedes das fotos e qué o próximo ano poidamos disfrutalo xuntos de novo.

 

 

POR FIN, VOLVEMOS DINAMIZAR OS RECREOS!

Transcorridos case dous anos do inicio da pandemia Covid, que fixo tomar medidas sanitarias e de seguridade excepcionais no Colexio BALAÍDOS, volvemos recuperar un dos nosos proxectos máis valorados polo alumnado: OS PATIOS DINÁMICOS. Un proxecto que comezou no 2017, que trouxo o xogo e a música aos nosos patios.
Pero, temos que ir a modiño, organizando moi ben a volta. Así que o equipo de mestres e mestras encargados da posta en marcha desde proxecto decidimos comezar polo primero ciclo (1º e 2º de EP). Os demais cursos axiña han volver tamén xogar e gozar da oferta lúdica doutrora.
ESTAMOS MOI LEDOS E LEDAS DE VOLVER !!! PACIENCIA E GOZO!
 
 

CHEGA O ENTROIDO

O meco empeza cos seus mandatos.

 E o xoves...

 

Para o mércores...

 

Para o martes...

 

 

 

Para o luns...

SAÍDA LAGARES 3º CICLO

O día 2 de febreiro celebrouse o DIA DOS HUMEDAIS.

O alumnado de terceiro ciclo realizou unha serie de talleres para coñecer o ecosistema do Lagares. Aquí podedes ver todo o que fixeron!

 

CONMEMORACIÓN DO DÍA DA PAZ

O 30 de xaneiro celébrase o Día Internacional da Paz e a Non Violencia.

Todos os anos xuntábamonos no patio para escoitar o manifesto e cantar a canción, cunha parte en lingua de signos.

Este ano non podíamos quedar atrás e para celebralo adaptámonos a esta situación que estamos a vivir. 

O alumnado de 6º de Educación Primaria cantou a canción "On écrit sur les mur", ("Escribimos en las paredes"), en colaboración entre as áreas de Lingua Francesa e Música. Ademáis elaborou un manifesto que escoitamos por megafonía.

Todo o centro decorou as súas portas das aulas con palabras de Paz, como dí a canción. 

Nos seguintes vídeos poderedes escoitar ao alumnado e o resultado do traballo realizado:

 CANTA O ALUMNADO DE 6ºA

 IMAXES DAS AULAS "A" DO CENTRO

                        
 

 CANTA O ALUMNADO DE 6ºB

IMAXES DAS AULAS "B" DO CENTRO

Distribuir contido

Back to top