Difundindo a nosa experiencia

Grazas á Teachers for Future Spain por difundir a nosa experiencia de liberar libros polo medio ambiente na súa páxina web. Seguimos traballando para mellorar o noso cole e o medio ambiente! Podedes leela clicando AQUÍ.

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Xa temos data para a xornada de portas abertas! Será o próximo martes 28 de febreiro en horario de tarde. 

 Ven a coñecernos!!!

CONCERTO DO ALUMNADO DO INSTITUTO

O mércores 21 de decembro o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación primaria puideron disfrutar do concertazo do alumnado do IES Álvaro Cunqueiro, dirixidos pola mestra de música Judith.

Tivemos a ledicia de escoitar os/as exalumnos/as do colexio Luis, Ivo, Carmela e Maia. Disfrutamos moito cantando con eles as cancións "Volver a casa por Nadal", "All I want for christmas is you" e "Last Christmas".

Noraboa pola actuación!

A súa visita foi un bonito agasallo de Nadal.

Cando queirades sodes ben recibidos.

GRAZAS POR VIR!!

Un Nadal reciclado

Este Nadal o noso cole tivo unha decoración moi eco-friendly grazas á colaboración das familias e ao traballo de Carmen. Grazas a todos por seguir axudando ao noso proxecto e a coidar do planeta! Cada xesto conta :)

 

 

 

 

 

Christmas postcard exchange

Como cada Nadal, intercambiamos postais realizadas polo noso alumnado cos nosos colexios socios do Erasmus+, Vrtec Trnovo en Eslovenia e o Rizario Kindergarten en Grecia.

 

 

Traballando para uns recreos sen plásticos

No primeiro trimestre xuntamos tódolos plásticos xerados no recreo durante unha semana enteira, tirámolos no patio e intentamos recollelos nun minuto de tempo. Como comprobamos, non foi unha tarefa fácil. Aprendimos grazas á páxina de Teachers for Future canto duran os nosos desperdicios na natureza.

Queremos seguir coidando o noso Planeta!

 

 

 

 

 

BO NADAL!!!

O equipo do Ceip Balaídos deséxavos un moi feliz nadal e un gran ano 2023!!

SAÍDA DE ED. INFANTIL AO CIRCO

O pasado día 9 de Decembro todo o alumnado de Infantil disfrutou do espectáculo do Circo ambientado na antiga panificadora de Vigo. Houbo malabaristas, equilibristas, bailarines,...todo o necesario para pasar unha marabillosa xornada circense.

 

VISITA Á EXPOSICIÓN "LA GRAN AVENTURA DEL CUERPO HUMANO"

O venres 9 o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria encamiñouse cara a exposición "La gran aventura del Cuerpo Humano" situada en Coia.

A mostra permitiu aos rapaces adentrarse no corpo humano. Percorremos os órganos principais, descubrindo curiosidades, experimentando, tocando...

Foi unha experiencia dinámica e educativa que complementou o traballado, nas aulas, durante estes meses.

Deixámosvos unha mostra do que vivimos:

 

CONMEMORACIÓN 25 N

Con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día internacional contra a violencia de xénero, levamos a cabo na escola accións de sensibilización e prevención de todas as formas de vioLeoncia contra as mulleres e a importancia de alcanzar a igualdade total.

Esta ano inspirámonos na canción "Que non mo neguen" das Tanxugueiras para elaborar os carteis e deixar os nosos lemas e imaxes de repulsa nas ventás.

Ademáis contamos coa colaboración do alumnado de 6º, 5º e 4º de primaria que leron aos seus compañeiros e compañeiras do cole contos pola igualdade e contra a violencia de xénero.

 

Distribuir contido

Back to top