ADMISION ALUMNADO CURSO 2024/2025
Comunicamos que todo o alumnado que solicitou praza no Ceip Balaidos para o próximo curso 24/25 obtivo a súa praza e está admitido no centro educativo.
Happy European Day of Languages
O próximo 26 de setembro conmemórase o European Day of Languages e celebrámolo participando no proxecto Etwinning "Let's celebrate the European Day of Languages 2024!"
Escribimos os nosos saúdos e as nosas palabras favoritas en galego e enviamos unhas postais a coles de Turquía, Portugal, Irlanda, Albania, Croacia ou Eslovenia! Recibiremos moitas postais de volta e festexaremos coñecer tantas linguas :)
Aprendemos tamén como se di "Bos días amigos" en lingua de signos e compartímolo cos nosos países socios, xa que hoxe é o International Sign Language Day!
Snip, snap, snout this year in Arts is told out!
Este último trimestre en Arts no primeiro ciclo de Educación Primaria, fixemos e aprendimos moitísmas cousas!
Comezamos facendo simetrías con bolboretas:
Para celebrar o Día do Libro fixemoslle as nosas madriñas e padriños lectores esta isignia:
Tamén celebramos a primavera (Spring) con esta manualidade de flores!
Traballamos diversos animais e aprendimos como se chamaban en inglés: frog, octopus, shark...
Celebramos tamén o Family Day, creando as nosas casiñas familiares!
E para rematar: aprendemos sobre as froitas do verán facendo unha sandía (watermelon)!
E con isto, acabamos este curso en de Arts no primeiro ciclo! Agardamos que pasedes unhas vacacións xeniais e vémonos o vindeiro ano!
ACTIVIDADE DE CANTACONTOS DA ESCOLA kAIROS
A Academia Kairos cantounos uns contos moi divertidos, facendo participes aos nen@s.
Visita da escritora Sabela Fernández
O alumando de segundo traballou o libro: Que queres ser de maior,pequena?
Pasamos un rato moi agradable coa autora que nos fixo voar a nosa imaxinación!
1º Primaria visita ao aeroporto
As nenas e nenos de primeiro visitan o aeroporto!
Viron despegar un avión, estiveron co equipo de bombeiros e moitas aventuras mais!
PLAN DE BENESTAR EMOCIONAL
A continuación poden consultar o Plan de Benestar Emocional do Ceip Balaidos.
DÍA DO LIBRO
Para celebrar este día @s nen@s do colexio maiores amadriñan e apadriñan @s pequenos e lles len un conto.