Achégase o festival das letras galegas!!!

O venres disfrutaremos un ano máis do noso Festiletras, no que poderemos ver todo isto!!

Visita de Almudena Aparicio.

Hoxe recibimos a visita no Ceip Balaídos de Almudena Aparicio (@AlmuAparicio), una ilustradora viguesa que estivemos traballando durante as pasadas semanas.

O seu percorrido comezou nas aulas de 3 anos e foi subindo de nivel ata chegar aos nenos de 6º de primaria. En infantil contou contos nos que ela fixo as ilustracións, Ademáis, en cada nivel fixo unha chuvia de ideas para decidir que podía  debuxar. Despois ela plasmaba esas ideas en un gran debuxo. Tanto alumnos como mestres quedamos abraidos co seu talento.

Explicounos que primeiro fai os debuxos a lapis e rotulador para logo pasalos polo ordenador e colorealos. 

 
Despois de ter todas as ilustracións, as decoraremos nas distintas clases e faremos unha gra exposición. Despois de compartir toda mañá con nós, Almudena regalounos tres libros para a biblioteca de aula.
Moitas grazas por visitarnos Almudena, volve cando queiras.

Teatro negro 2015

Como todos os anos, con motivo das letras galegas, os nenos de 6º de primaria realizaron unha obra de teatro negro chamda CHO-LÍN. 

6ºA

6ºB 

Revista Breogán 2015

in

Podedes descargar a revista en pdf aquí.

 

Avaliación individualizada 2015 para alumnos de 3º de primaria.

Infórmase ás familias de que terá lugar a avaliación individualizada, marcada pola lei orgánica de mellora e calidade educativa, os días 27 e 28 de maio. 

Para máis información podedes descargar esta circular. Ponse en coñecemento que tamén as familias terán a posibilidade de o cuestionario vía online o en papel. Tedes a información aquí. Máis adiante achegarase por cada neno o código para a súa realización.

Exposición de carteis vivos de inventos relacionados coa luz e a óptica.

Xa están preparados os carteis adicados a inventos relacionados coa luz e a óptica. Se queredes ver que esconden no seu interior, non tedes máis que pinchar na imaxe.

 

Día do Libro 2015

Como todos os anos, o cole celebrou o día do libro levando a cabo a actividade dos padriños lectores. 

COLABORACIÓN DAS FAMILIAS PARA A MELLORA DA BIBLIOTECA

Outro ano máis solicitamos a vosa colaboración para a mellora dos servizos da biblioteca. Podedes cubrir a seguinte enquisa a través do enlace:

https://docs.google.com/forms/d/1TiD9ZscurxVd2H3p-LgolY_CKz11yr5NntDll2K...

Plantando no cole.

Os nenos de infantil foron o venres antes das vacacións de semana santa a plantar no bancal do xardín lateral do centro. Dentro desta actividade organizada polo equipo de laboratorio do cole, e na que participan todas etapas educativas do centro, os nenos de infantil foron os encargados de plantar as leitugas.

 

 

Distribuir contido

Back to top