ACTUACION DO CORO NO 46º FESTIVAL DE VILANCICOS DE NOVACAIXAGALICIA

Pinchando no seguinte enlace poderás ver a actuación do coro do colexio no 46º Festival de Vilancicos de Novacaixagalicia feita en Vigo o 3 de decembro: http://www.youtube.com/watch?v=X8pEH9fz9t4&feature=youtu.be

ENSAIOS PARA O CONCERTO DO 30 DE DECEMBRO





ENSAIOS PARA O CONCERTO DO DÍA 30 DE DECEMBRO.


 


XOVES 22 DE DECEMBRO: TODOS DE 19:00 a 21:00h (ten que ser tarde porque ensaiaremos co Obradoiro Vocal “A Vila”con quen compartimos concerto)  


 


XOVES 29  DE DECEMBRO


 










1º,2º e 3º


De 11:15 a 12:00


4º,5º e 6º


De 12:00 a 13:30


 


Lugar: Ximnasio. ENTRAREMOS E SAIREMOS POLA PORTA QUE ESTÁ FRONTE AO MIKADO.

NOVA BITÁCORA DA AULA DE 1º B

Dende hoxe xa se pode entrar na bitácora da aula de 1º B elaborada e administrada pòla súa mestra titora. Para facelo hai que pinchar no enlace situado na cabeceira desta web.


É unha nova ferramenta para axudar no traballo diario co alumnado deste curso.

UNHA BONITA EXPERIENCIA PARA O CORO DO COLEXIO

Como sabedes, o pasado sábado 3 de decembro o coro participou no 46 Festival de vilancicos Novacaixagalicia.


 


Vaia mañá máis intensa pasamos. Un ensaio no ximnasio do cole para quecer as voces, reparto de grupos cos pais e nais que nos coidaron, subida ao autobús e chegada ao Teatro.


Estaban  esperándonos na entrada moitos dos nosos pais e nais que ían con ganas de escoitarnos.


Xa dentro unhas azafatas informáronnos onde estaban os nosos camerinos.


Deixamos as cazadoras e colocámonos xa uniformados no corredor principal  á espera de que nos avisaran para actuar.


Fixemos as filas, tentamos relaxarnos e... cara ao escenario por escaleiras de caracol!!!!.


Aquí colgaremos algunhas fotos e o vídeo da actuación.


Repertorio: Campanita del lugar, Noite de Nadal e Aló entre as pallas.


Esperamos que vos guste.


 


 


 


AGRADECEMENTOS


 


As mestras non queremos deixar de agradecervos aos pais e nais o esforzo para mercarlles aos nenos o necesario para o uniforme.


Temos moi claro que a imaxe conta. A estampa que ofrecemos no Teatro foi impecable.


Así mesmo o noso agradecemento ao Centro e á ANPA por mercar o necesario para facernos cos complementos que servirán para moitas máis actuacións.


Mención tamén para as nais que cortaron e coseron as bandas, bufandas e flores  que sería imposible dar rematado sen contar con tantas mans colaborando.


Grazas tamén por acompañarnos e facervos cargo dos rapaces/as.


Coidamos que este é o principio dunha gran aventura.


Recibide unha aperta.


Ceci e Ruth

O CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS CONTARÁ CUN CONTRATO-PROGRAMA NESTE CURSO

O noso colexio é un dos seleccionados pola Consellería de Educación e O.U., na resolución provisional da convocatoria de contratos-programa para este curso 2011-12.


O proxecto presentado polo colexio inclúe tres actuacións a realizar:


1.- O acompañamento fóra de horario lectivo para alumnado de 2º e 3º ciclos de E. Primaria.


2.- Un programa para a mellora da lectura, escritura e cálculo e resolución de problemas.


3.- Programa para a mellora da Convivencia Escolar.


Este é un novo reto dentro da liña dun ensino público de calidade polo que traballamos no CEIP Nosa Señora dos Remedios. Vén a unirse ao Plan de autoavaliación e mellora da calidade para Mellorar a competencia matemática coa axuda das tecnoloxías da información e da comunicación e á inclusión no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, logo do proxecto presentado na Consellería de Educación e O.U.


 

Distribuir contido