Benvidos ao noso cole

Entrada principal

CEIP Plurilingüe As Veigas

1969-2019    50 anos formando para o futuro

Rúa Azorín, s/n. 36860. PONTEAREAS

Telf.: 886 110 532

Fax: 886 110 538

Correo:  ceip.asveigas@edu.xunta.gal

Impresos para AUTORIZACIÓNS

Nesta entrada podedes descargar os impresos para diferentes AUTORIZACIÓNS:

Autorización recollida alumnado      Autorización sair sós    Autorización sair sós CON IRMÁNS

Períodos durante os que se poderán presentar as novas autorizacións ou modificación das existentes:

- mes de setembro

- 15 últimos días de xaneiro

- 15 últimos días de marzo

FESTA COMEZO DE CURSO #COMELOCAL

O noso cole, representado polo noso director José Ángel Penas, foi un dos participantes na Festa de Comezo de Curso do programa #comelocal. Foi toda unha oportunidade para gozar dun día cheo de actividades e descubrir o mellor da nosa gastronomía e da nosa #artesaniaalimentaria de Galicia que contou coa presenza do director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (#agacal), Martín Alemparte; a alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro; e a campioa olímpica Teri Portela.

Como premio final da campaña entregáronnos unha tablet coa que poder realizar os menús dun xeito máis sinxelo, equilibrado e con recursos moi interesantes.

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS 2024/25

No seguinte enlace podedes consultar as programacións didácticas das diferentes materias e niveis: https://www.edu.xunta.gal/proens/

INICIO DO CURSO 2024-2025

Primeiro día superado con moita ilusión e moitas ganas de vivir unha nova aventura!

AULA MATINAL 2024/25

Dende o venres 28 de xuño está dispoñible na web do Concello (https://portal.ponteareas.gal/documento/conciliacion-aula-matinal-24-25/) a inscrición para a aula matinal do próximo curso 24-25.

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024/25

Publícase a listaxe de libros de texto para o curso 2024/25, ver arquivo adxunto.

FELICES VACACIÓNS!

Pois xa chegou o día! Hoxe comeza o verán e con el as VACACIÓNS!

Agora toca descansar para volver con forza e enerxía en setembro!
Ás alumnas e alumnos de 6º de Ed. Primaria queremos desexarvos moita sorte nos vosos camiños!
Aquí tedes a vosa casa

Bo verán!

     

FESTA FIN DE CURSO DO COLE

Acabamos o curso 2023/24 cunha gran festa da auga e da escuma onde gozamos dun día de verán estupendo!

Non queremos pechar o curso sen despedirnos d@s nos@s alumn@s de 6ºEP desexándolles todo o mellor nos seus camiños. E dando a noraboa e a benvida a Primaria a@s pequen@s que remataron a etapa de Infantil.

BO VERÁN!!

Distribuir contido