RADIO FALADORA: A Radio escolar do C.E.I.P. "Nosa Señora dos Remedios"

Xa temos nome para a nosa radio: RADIO FALADORA. Este nome foi elixido polo alumnado entre as diferentes propostas feitas por eles mesmos/as.

Este mércores 22 de outubro emitirase para o colexio o 3º programa de Radio Faladora. Confiamos en que guste tanto coma os anteriores.

O C.E.I.P. "NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS" SELECCIONADO PARA UN PROGRAMA DE INVESTIGACIÓN DA UNIVERSIDADE

O noso colexio vén de ser seleccionado xunto con outros 22 para participar nun proxecto de investigación que levan profesores da Universidade de Santiago de Compostela da súa Facultade de Ciencias da Educación.

Este programa de investigación busca chegar o deseñar un programa de intervención adaptado ao alumnado estranxeiro e do que se vai beneficiar tamén o demais alumnado.

Coa participación en proxectos como este, o noso Colexio sitúase unha vez máis na primeira liña de innovación.

O C.E.I.P. "NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS" CONTA ESTE CURSO TAMÉN CUN PLAN DE MELLORA DA CALIDADE

No Diario Oficial de Galicia de onte aparece a resolución da convocatoria de Plans de Autoavaliación e Mellora da Calidade para os centros de ensino non universitario.

Este ano tamén volveu a ser seleccionado o proxecto presentado polo noso colexio entre os aproximadamente 40 de toda Galicia que van desenvolver un Plan deste tipo neste curso 2008-09. Isto supón un novo pulo ao traballo que se está a facer no colexio cara un ensino público de auténtica calidade.

Temos que destacar que todo o profesorado participa neste Plan polo que está garantido o seu éxito.

O C.E.I.P. NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS SELECCIONADO PARA APLICAR UN PROXECTO DE NOVAS TECNOLOXÍAS

O C.E.I.P. Nosa Señora dos Remedios ven de ser seleccionado como un dos dez centros educativos de Galicia de ensino non universitario nos que se vai aplicar un Proxecto para o uso educativo das Tecnoloxías da Información e da Comunicación, elaborado e presentado polo noso Colexio diante da convocatoria da Consellería de Educación e O.U.

A selección deste proxecto fai que o noso colexio dea un paso de xigante no uso das novas tecnoloxías situándose na vangarda do ensino galego.

Pouco a pouco iremos falando deste importantísimo proxecto. 

No ficheiro adxunto está o proxecto seleccionado. 

 

INTERCAMBIOS CON ALUMNADO DE OUTROS PAÍSES

No arquivo adxunto vai en dúas partes unha presentación en powerpoint feita polo alumnado de 6º C, baixo a coordinación da súa titora, que está intercambiando información con alumnado do estranxeiro. 

¿Cales pensa que poden ser as causas dos problemas de conduta dalgúns nenos/as?

NOVO APARTADO NO PROGRAMA DE TÉCNICAS DE ESTUDIO

Xa está nesta web o apartado dedicado no Programa de Técnicas de Estudio ás técnicas do subliñado e do resumo.

Fíxate ben nos consellos que aparecen. Pronto haberá actividades na Aula Virtual sobre este Programa de Técnicas de Estudio.

Pincha aquí para ir a este apartado.

PROGRAMA DE TÉCNICAS DE ESTUDIO

Xa está publicado no apartado de técnicas de estudio no Departamento de Orientación, no libro Programa de Técnicas de estudio, un novo folleto sobre a lectura.

Preme aqui para lelo.

ÉXITO DAS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

De grande éxito podemos calificar as Primeiras Xornadas de portas abertas celebradas os días 11, 12 e 13 de marzo no C.E.I.P. "Nosa Señora dos Remedios" para dar a coñecer o noso cole ás familias que teñen que solicitar a admisión nos colexios de Infantil e Primaria para os seus fillos/as para o curso 2008-09.

A asistencia de familias foi importante e houbo intercambios de opinións verdadeiramente interesantes. Para o vindeiro curso perfeccionaremos esta actividade para que resulte aínda mellor.

XA CHEGOU TINTÍN O NOSO COLEXIO

   Tódolos rapaces e rapazas do colexio preguntaban polas novidades da Biblioteca. Pedían as Bandas Deseñadas de Tintín..., e xa podemos dicir que forman parte da nosa Biblio.

   Ademáis Popi dá os parabéns aos premiados do sorteo de TINTÍN, que por certo non foron poucos.

Distribuir contido