SEMANA DO LIBRO

SEMANA DO LIBRO

A semana pasada, co gallo do Día do Libro, e continuamos nesta, dende a Biblioteca propuxéronse sesións de contacontos a cargo das titoras/es  facendo intercambios. Así como obradoiros coa escritora e mestra do cole Susana Lamela, que contou e escenificou o seu libro "Soños de andel" en E Infantil , e seguiuse con E. Primaria cos que ademais mantivo entrevistas. Tamén participaron mestras especialistas.

A continuación podedes ver a mostra do acontecido nestes días .

 

="0" ismap="ismap" />

="0" ismap="ismap" />

="0" ismap="ismap" />

="0" ismap="ismap" />

ACTIVIDADES DE CELEBRACIÓN DO 40º ANIVERSARIO DO COLEXIO

CONTACONTOS INFANTIL

Enmarcada dentro das actividades levadas a cabo co gallo do 40º cumpreanos do noso colexio, o pasado 3 de abril os alumnos e alumnas de E. infantil e 1º Ciclo de Primaria, puideron gozar dunha xornada de CONTACONTOS.

A mostra desta actividade pódese ver na seguinte galeria de imaxes.

 

 

="0" ismap="ismap" />

ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS 2009

LETRAS GALEGAS 2009

RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ

Achégase a data da conmemoración do Día das nosas Letras, e como todos os anos no colexio imos traballando o autor, este ano Ramón Piñeiro, paseniñamente dende comezos do ano. Entre todos vaise participando na elaboración dun mural no corredor do colexio, ao que se lle van engadindo datos a medida que o curso avanza, primeiro comezase coa caricatura e nome, logo biografía, datos históricos relacionados co autor e  lemas en prol da defensa do idioma. Cada nivel vai facendo a súa aportación.

Pero para que poidamos seguir coa investigación e traballando o autor, hai unha serie de ligazóns que podemos aproveitar, dado que outros compañeiros elaboraron e colgaron na rede para compartilos con todos nós. Dende aquí grazas por ese  gran traballo.

* á páxina da wikipedia sobre Ramón Piñeiro López:

http://es.wikipedia.org/wiki/Ram%C3%B3n_Pi%C3%B1eiro

 * á páxina sobre Ramón Piñeiro do Seminario Galán:

http://www.seminariogalan.org/

* á páxina sobre Ramón Piñeiro:

http://www.diadasletrasgalegas.com/homenaxeados/escritores/ramon_pineiro_lopez.html

* á páxina da  Real Academia Galega.

* á  páxina da Enciclopedia en galego Galipedia.

* á páxina   Vida e obra na BVG.

* á páxina  http://www.filosofia.org/ave/001/a072.htm..

 

EXCURSIÓN A VIGO

O Luns día 27 de Abril, os nenos e nenas de 3º de Primaria, fixemos unha excursión a Vigo cos nosos mestres e mestras.
A nosa primeira parada foi a praia de Samil. Pero antes de chegar alí pasámolo moi ben durante a viaxe, xa que dende o autobús puidemos divisar a ponte de Rande, a zona franca de Vigo, as bateas, o porto ... Por certo, tivemos a enorme sorte de poder ver dende lonxe o cruceiro máis grande do mundo que estaba atracado en Vigo: “ Independence of the seas” !! Por este motivo a cidade estaba chea de estranxeiros, tamén coñecidos coma “guiris”. Unha das nosas mestras explicounos que os “guiris” sempre levan sandalias con calcetíns brancos, pantalóns cortos e unha mochila chea de mapas, comida, auga, toallas... aínda que faga un frío que pela, coma era o caso ese día!

Cando chegamos a Samil, merendamos e tivemos un dos recreos máis longos do ano. Xogamos e tamén demos unha volta polo paseo marítimo todos xuntos.

A media mañá dirixímonos ao centro da cidade para ver unha película de debuxos animados, da que disfrutamos enormemente, no recinto teatral de Caixa Nova.

Esperamos que vos gusten as nosas fotos!


MESTRES DO COLE E O MUNDO DAS ARTES

MESTRES NO MUNDO DAS ARTES

Nestas últimas semanas levamos falado que no cole hai unha mestra que vén de publicar e facer a presentación do seu libro, ela como ben saben é Susana Lamela co seu libro xa coñecido por todos e todas "Soños de andel".

http://www.vigometropolitano.com/news/168/ARTICLE/15361/2009-04-04.html

http://lavara-libreria-infantiljuvenil.blogspot.com/

Pois agora temos que engadir que nesta semana que pasou, tamén, un mestre deste cole, vén de facer a presentación dunha curtametraxe, "El cumpleaños", na Universidade de Vigo, na cidade de Ourense, el é Daniel Cid.

http://www.megaupload.com/?d=BHP1P3V5

http://www.youtube.com/watch?v=csEaxq1j4jU

E no arte musical, dúas mestras, unha soprano, Iria Cuevas, que actuou o pasado xoves día 23 no Centro Artístico Sportivo da vila; e outra, Ruth Barros, que forma parte do Coro Obradoiro vocal “A Vila”, e actuaron o pasado sábado 25 no convento de Canedo.

Os nosos parabéns e felicitacións!!

SESIÓNS DE CONTACONTOS NO COLEXIO

Nestes últimos días, promovida dende o Equipo de Biblioteca, levouse a cabo unha actividade de contacontos, sendo mestras do noso Colexio quen fixeron estas sesións cos distintos grupos de alumnos/as.

De novo, foi unha actividade que resultou moi interesante e agradable para o alumnado.

ACTIVIDADES BIBLIOTECA 2º TRIMESTRE

ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA

O 2º trimestre chega ao seu remate e queremos amosar as actividades levadas a cabo pola Biblioteca e a súa mascota Popi.

O primeiro concurso do Sabichondo, nel os rapaces e rapazas tiñan que adiviñar que profe correspondia coa foto antiga que aparecía no panel.


E como non, houbo gañadores.


Os recunchos máis visitados foron o de investigación e o taller de confección de cortinas.


Tamén houbo outro concurso do Sabichondo, esta vez ía de dinosaurios, había que adiviñar o nome.


Por suposto houbo gañadores tamén.
A nosa Biblio tamén chegaron moitos, moitos libros, primeiro para catalogar e logo serán para que o pasedes moi ben coas súas aventuras.


E unha sorpresiña máis, temos máis equipos informáticos para que veñades traballar moito e por suposto investigar pois son para o recuncho de investigación.


PROGRAMAS RADIO FALADORA 2º TRIMESTRE

PROGRAMAS RADIO FALADORA

No seguinte enlace pódese ver e ler unha recopilación dos dez programas de radio emitidos durante o 2º trimestre.

Como xa sabedes o programa emítese os xoves despois do recreo de Primaria, pero por se alguén non o puído escoitar ese día ou quere voltar a escoitalo, cada semana tamén aparece aquí nesta páxina o enlace para o programa desa semana. E no remate de cada trimestre faise unha recopilación do guión escrito do programa.

Agardamos sexa do voso interese e tamén se aceptan suxerencias para mellorar.

http://issuu.com/esther.prieto/docs/prog_radio_2__t

A PITA FALADORA 28

A PITA FALADORA

Xa podemos ler un novo número do noso xornal escolar "A Pita Faladora", da que levamos xa editados 28 números.

Como xa sabedes, este número igual que o primeiro deste curso 2008/2009, poderedes lelo aquí na páxina pincando no enlace pois só haberá un exemplar impreso por aula ademais dos da Biblioteca.

Moitas grazas a todos e todas por participar, ao Equipo de Redacción pola súa colaboración e neste número especialmente a nosa compañeira escritora Susana Lamela por escribir o artigo do apartado da  Editorial.

A todos e todas grazas de novo e que pasedes un bo anaquiño coa lectura, agora picade no enclace.

http://issuu.com/esther.prieto/docs/pita_faladora_28

 

 

SUSANA LAMELA E O COLEXIO NA TELEVISIÓN DE PONTEAREAS

Neste mércores 18 de marzo Susana Lamela, mestra do noso colexio, presentou o seu libro Soños de andel no Canal Tea Televisión. Estivo acompañada polo Director do colexio. Este falou tamén do concurso de graffiti que se organiza por mor dos 40 anos do C.E.I.P. Nosa Señora dos Remedios e dalgunhas das actividades previstas para celebrar estes corenta anos.

Distribuir contido