CONCURSO DE GRAFFITI "40 ANOS DO C.E.I.P. NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS"
Nos ficheiros adxuntos están as bases, a ficha de inscrición e a autorización dos pais/nais para os menores de idade para participar neste concurso.
O prazo para inscribirse vai dende o 16 de marzo ata o 24 de abril de 2009, ámbolos dous incluídos.
SUSANA LAMELA, A NOSA PROFE ESCRITORA
Nestes días vén de producirse unha nova que nos enche de ledicia e agarimo a toda a Comunidade Educativa do C.E.I.P. Nosa Señora dos Remedios: A nosa profe Susana Lamela acaba de ver cumprido un soño: ver publicado un libro seu.
Dende esta web queremos felicitar a esta mestra, pois ademais dunha magnífica profesional é unha fantástica escritora. É unha honra para todos/as contar con ela como compoñente da nosa Comunidade Educativa.
Esperamos que próximamente haxa un acto de sinatura do libro no noso cole por parte da autora Susana Lamela.
FELICITACIÓNS!!!!!!
OS ENCONTROS DOS AXÓUXERES CHEGAN A PONTEAREAS
Pinchando no ficheiro adxunto atoparedes información dada polo Concello de Ponteareas sobre esta interesantísima activdade dirixida a nenos/as ata os cinco anos.
INTERCAMBIO CO COLEXIO ST. CHARLES DE LONDRES
In this second term, the 4th year children in Primary School, carried out an exchange of information (in English and Spanish) with St. Charles School (London).
The English children from that school are studying Spanish, so we took advantage of this fact to send them a little bilingual book with pictures of different parts our school (library, staff room, English classroom...). In this book, we explain what our school looks like so that they can get a better feel of the environment.
They did the same with their school and we already have their book on display in our English classroom.
Our pupils enjoyed knowing the English school and comparing the similarites and differences with our own school.
Using e-mail, the teachers in both countries used power point to present a summary of the contents of the books that the children had made.
We hope you like them and you get as much enjoyment as we did when we made them!
Neste segundo trimestre, os nenos de 4º B de Primaria fixeron un intercambio de información en inglés e en español co colexio St. Charles de Londres.
Os nen@s ingleses dese colexio están estudiando o noso idioma, así que aproveitamos a ocasión para mandarlles un libriño bilingüe con fotografías das distintas partes das que consta o noso cole ( biblioteca, sala de profesores, aula de inglés...). Neste libro, explicámoslles como é a nosa escola para que coñezan así o noso entorno máis próximo.
Eles, pola súa parte, fixeron o mesmo coa súa escola e xa temos o seu libriño exposto na clase de Inglés.
Aos nosos alumnos gustoulles moito coñecer o colexio inglés e sinalar as semellanzas e as diferenzas co noso.
Por outra banda, as mestras de ámbolos dous países, elaboraron tamén power points onde resumiron o contido dos libriños que fixeron os nenos intercambiándoos por correo electrónico.
Esperamos que vos gusten e que disfrutedes tanto coma nós coa súa elaboración!
- School for Spain: http://www.megaupload.com/?d=FO8HMDII (enviáronolo do Colexio St. Charles de Londres)
- Welcome to our school: http://www.megaupload.com/?d=WFNI34S5 (en inglés, enviado ao Colexio St. Charles)
- Bienvenidos a nuestro colegio: http://www.megaupload.com/?d=YZXJPX7V (en castelán, enviado ao Colexio St. Charles)
PROGRAMA ENROLADOS
Pinchando no seguinte enlace podes obter máis información sobre o programa Enrolados dirixido a alumnos/as nacidos entre o 1998 e o 2001. Polo seu interese aconsellámosche que leas a información desta páxina:
ÉXITO DAS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS
Durante os días 10 e 11 de marzo leváronse a cabo as xornadas de portas abertas para as familias que van solicitar praza para os seus fillos/as nos colexios de Ponteareas. Durantes as mesmas mostrouse información sobre o funcionamento e fíxose un recorrido polas súas instalacións.
Esta actividade resultou altamente positiva, tanto polo número de familias asistentes como pola actitude amosada polos participantes nas xornadas.
IMAXES DA COMPARSA DO COLEXIO 2009
Aquí está un slide con imaxe obtidas do desfile comparsas de Vigo e Ponteareas da comparsa do colexio organizada por un grupo de pais e nais.
O NOSO CONCELLO
PONTEAREAS
Un grupo de alumnas e alumnos de 6º B fixeron un traballo sobre o Concello de Ponteareas, onde vivimos e estudamos, que podedes ler e ver para obter unha maior información.
Grazas polo seu traballo de investigación e creación para todos e todas.
III CONVIVENCIA DE EDUCACIÓN INFANTIL
III CONVIVENCIA DE E.I.
O día 19 de xuño de 2008, como ven sendo xa habitual no noso colexio, celebrouse a III Convivencia de Educación Infantil, na que se reunen os nosos alumnos e alumnas do colexio e das escolas adscritas, cos seus mestres e mestras, pais e nais. Nesta convivencia levanse a cabo varios obradoiros a cargo de nais e pais dos alumnos e alumnas, tamén acuden organismos colaboradores como son Bombeiros, Garda Civil e Seguros Santa Lucía que ensinan os rapaces o seu labor.
Estes obradoiros pódense ofertar e levar a cabo precisamente pola gran colaboración das familias e mestres pero tamén pola gran aportación das entidades colaboradoras.
Para ver todo isto entra no apartado de Actividades -> III Convivencia E. Infantil, desta mesma web do C.E.I.P. "Nosa Señora dos Remedios".
UNHA ESCOLA CHEA DE MÚSICA
Dende o pasado ano 2008 o noso centro ven acollendo a dous grupos musicais da nosa vila cedéndolles un local das nosas instalacións para que teñan lugar os seus ensaios.
Trátase da Orquestra de Cámara "Divertimento" e do Obradoiro Vocal "A Vila".
Ambas agrupacións están levando a música ponteareana por toda Galiza e outros lugares da xeografía española deixando sempre en moi bo lugar a nosa terra.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- 55
- 56
- seguinte ›
- última »