Responder ó comentario

ÉXITO DAS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Durante os días 10 e 11 de marzo leváronse a cabo as xornadas de portas abertas para as familias que van solicitar praza para os seus fillos/as nos colexios de Ponteareas. Durantes as mesmas mostrouse información sobre o funcionamento e fíxose un recorrido polas súas instalacións.

Esta actividade resultou altamente positiva, tanto polo número de familias asistentes como pola actitude amosada polos participantes nas xornadas.

 

Responder