Convivencia E. Infantil
CONVIVENCIA EDUCACIÓN INFANTIL
Tras tres anos interrompida pola pandemia, podemos dicir ben alto: VOLVEMOS A TER CONVIVENCIA DE INFANTIL!!
Este curso dedicada ao tema do proxecto de centro: o Camiño de Santiago.
Foi todo un éxito!!! Papás, mamás, nenos e nenas pasárono como pícaros. Xa tiñamos ganas de festa, xa tiñamos ganas de convivencia!
Noraboa a todos os pais e nais que puxeron o seu esforzo e traballo para sacala adiante.
Agradecementos a Policía Local, Bombeiros e Protección Civil de Ponteareas, así como a Garda Civil de Pontevedra.
Agradecemento tamén aos colaboradores: Frutas Santy, Cash Record, Panadería Areas, Carnicería Braña, Conxelados ElMar e CocaCola.
Ata o ano que vén!!
#camiñodesantiago #xacobeo2122 #vexoveoxacobeo
IX CONVIVENCIA DE EDUCACIÓN INFANTIL
Aquí podes ver imaxes da IX Xornada de convivencia de Educación Infantil, levada a cabo o pasado 10 de xuño.
III CONVIVENCIA DE EDUCACIÓN INFANTIL
III CONVIVENCIA DE E.I.
O día 19 de xuño de 2008, como ven sendo xa habitual no noso colexio, celebrouse a III Convivencia de Educación Infantil, na que se reunen os nosos alumnos e alumnas do colexio e das escolas adscritas, cos seus mestres e mestras, pais e nais. Nesta convivencia levanse a cabo varios obradoiros a cargo de nais e pais dos alumnos e alumnas, tamén acuden organismos colaboradores como son Bombeiros, Garda Civil e Seguros Santa Lucía que ensinan os rapaces o seu labor.
Estes obradoiros pódense ofertar e levar a cabo precisamente pola gran colaboración das familias e mestres pero tamén pola gran aportación das entidades colaboradoras.
Para ver todo isto entra no apartado de Actividades -> III Convivencia E. Infantil, desta mesma web do C.E.I.P. "Nosa Señora dos Remedios".