Tras tres anos interrompida pola pandemia, podemos dicir ben alto: VOLVEMOS A TER CONVIVENCIA DE INFANTIL!!
Este curso dedicada ao tema do proxecto de centro: o Camiño de Santiago. Foi todo un éxito!!! Papás, mamás, nenos e nenas pasárono como pícaros. Xa tiñamos ganas de festa, xa tiñamos ganas de convivencia! Noraboa a todos os pais e nais que puxeron o seu esforzo e traballo para sacala adiante.
Agradecementos a Policía Local, Bombeiros e Protección Civil de Ponteareas, así como a Garda Civil de Pontevedra. Agradecemento tamén aos colaboradores: Frutas Santy, Cash Record, Panadería Areas, Carnicería Braña, Conxelados ElMar e CocaCola.