SAÍDA 2ºEP - O GROVE

Comeza a tempada de excursións!

Os nenos e nenas de 2º pasaron un día fenomenal no Grove, onde visitaron a aldea dos Grobits, o Acuario e tamén navegaron no barco de Pepiño onde puideron observar o fondo mariño e aprender moito da Ría de Arousa.

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO - AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR (Código do centro 36007497)

Orde de 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso escolar 2024/25 (código de procedemento ED330B) 

Explicámosvos todo o proceso nos dous ficheiros adxuntos: a propia Orde, e un resumo que vos fixemos para unha interpretación máis doada da mesma. Adxúntanse os ANEXO I e II para traer cubertos.

Poderanse presentar as solicitudes no centro ou telemáticamente ata o venres 21 de xuño. A devolución dos libros que tendes deste curso levarase a cabo o venres 14 de xuño.

As solicitudes enviaranse polo alumnado, que as entregará á súa titora ou titor, para que estas posteriormente as entreguen en secretaría.

As solicitudes terán que vir totalmente cubertas, e con fotocopias da documentación a presentar. 

Podedes aclarar dúbidas no teléfono 886110532 e no mail ceip.nosasenora.remedios@edu.xunta.gal

 

PRAZO LÍMITE DE SOLICITUDES: VENRES 21 DE XUÑO DE 2024

OS INSTRUMENTOS MUSICAIS

Querémosvos amosar hoxe a gran exposición de instrumentos musicais que organizou a mestra Lucía.

En Primaria, agruparon os instrumentos por continentes, relacionándoo co proxectos de Ciencias do 2º trimestre.

Os maiores do cole fixeron instrumentos electrónicos e os de infantil os agruparon por tipo: corda, vento e percusión.

Moitas grazas aos pais e nais pola vosa colaboración!

GALICIENCIA

Esta foi a nosa participación na edición de Galiciencia deste ano, que se celebrou con formato híbrido os días 8, 9 e 10 de maio en Tecnópole, Ourense.

Este ano a temática foi "Mellor, de madeira" presentando o proxecto "Afundirase?" no que investigaron a flotabilidade de diferentes árbores autóctonas, para elixir a que reunía as mellores condicións para fabricar os barquiños de vela.

Xes e Pablo foron os encargados de presentalo, un aplauso para eles!

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Comezamos a semana co concerto do gran Paco Nogueiras onde o pasamos fenomenal coa súa radio bule bule.

Tamén coñecemos a vida e obra da homenaxeada deste 2024, LUISA VILLALTA.

LISTAXES DEFINITIVAS ADMISIÓN CURSO 2024/25

Hoxe, 15 de maio, publícanse as listaxes definitivas de admisión do alumnado que solicitou praza para o curso 2024/25. Poden consultalas no taboleiro interior do centro ou chamando ao teléfono 886110532.

Así mesmo, os solicitantes que teñan chave365, certificado electrónico ou DNI electrónico, poden consultalas no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ 

 

 O prazo para a formalización da matrícula vai dende o 20 ao 30 de xuño

 

A PITA FALADORA 2023/24 - Nº45

Un ano máis, aproveitamos a Semana das Letras Galegas, para publicar a nosa revista. Como xa saberedes, este ano está adicado a Luisa Villalta.

A nosa Pita Faladora xa vai polo número 45 (fai clic), e este ano repite o formato integramente dixital. Froito das aportacións de alumnos, alumnas, mestres e mestras; o Equipo de Dinamización da Lingua Galega encargouse da súa maquetación. Agardamos que vos guste!!! A desfrutar deste día lendo.

   

OBRADOIRO CORPUS

O Corpus Christi de Ponteareas 2024 coas súas alfombras florais vén de ser declarado Ben de Interese Cultural (BIC).

Onte os mozos de 5º e 6ºEP asistiron a un obradoiro para aprender como é o proceso de confección das alfombras e tamén coñeceron os materiais que se usan nesta noite máxica...

Xa se sente nas rúas da vila que chega o Corpus!

O DEPORTE PARALÍMPICO: SUSANA RODRÍGUEZ GACIO

O alumnado de 6ºEP, a partires da práctica de deportes paralímpicos na aula de Educación Física, de falar da muller do deporte e do pasado 8M, realizáronlle as seguintes preguntas á triatleta paralímpica viguesa SUSANA RODRÍGUEZ GACIO.

Dende aquí lle mandamos os nosos mellores desexos para os Xogos Paralímpicos de París 2024 e lle damos as grazas por adicarnos o seu tempo en dar resposta ás nosas inquedanzas.

Distribuir contido