FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO - AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR (Código do centro 36007497)
Orde de 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso escolar 2024/25 (código de procedemento ED330B)
Explicámosvos todo o proceso nos dous ficheiros adxuntos: a propia Orde, e un resumo que vos fixemos para unha interpretación máis doada da mesma. Adxúntanse os ANEXO I e II para traer cubertos.
Poderanse presentar as solicitudes no centro ou telemáticamente ata o venres 21 de xuño. A devolución dos libros que tendes deste curso levarase a cabo o venres 14 de xuño.
As solicitudes enviaranse polo alumnado, que as entregará á súa titora ou titor, para que estas posteriormente as entreguen en secretaría.
As solicitudes terán que vir totalmente cubertas, e con fotocopias da documentación a presentar.
Podedes aclarar dúbidas no teléfono 886110532 e no mail ceip.nosasenora.remedios@edu.xunta.gal
PRAZO LÍMITE DE SOLICITUDES: VENRES 21 DE XUÑO DE 2024
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Información Solicitude Fondolibros e axudas.pdf | 225.76 KB |
Indicacións para cubrir a solicitude.pdf | 424.11 KB |
Anexos I e II.pdf | 3.49 MB |
Convocatoria 7 de maio 2024_fondolibros.pdf | 1.3 MB |